Obradoiro literario e concerto no MACUF

“A Biblioteca do MACUF organiza un obradoiro para rapaces no que poderán participar tamén os restantes membros da familia. Repasaremos a historia deste día e os seus protagonistas, e coñeceremos un pouco máis sobre a vida e maila obra da autora homenaxeada no 2007. Elexiremos un dos poemas de María Mariño e xogaremos a poñerlle forma, cor, son, tacto e todo o que sexamos capaces de inventar”. Será o 17 de maio a partir da s 17:00 horas. (MACUF)

Actos da A. C. O Facho da Coruña

“A Agrupaçom Cultural O Facho organiza os seguintes actos para o dia 15:
-Às 12:00 horas do 15 de Maio de 07, O Facho fará umha oferenda floral diante do Monumento ao poeta Curros Enríquez nos Cantões, em lembrança e reconhecimento da obra poética de Maria Mariño.
-Às 20:00 horas a professora Dores Valcárcel Guitiám mostrará um esboço da vida e obra de Maria Mariño, fazendo umha exposiçom sobre os aspectos e próprios da poética da homenageada. Local: Paideia (Praça de Maria Pita, A Corunha).”

Presentación d’ “A Escola Dramática Galega na configuración do sistema teatral”, de Carlos Biscainho

Este venres 11 preséntase o libro A Escola Dramática Galega na configuración do sistema teatral, de Carlos Biscainho, con Francisco Pillado, Manuel Lourenzo e Dores Sánchez Alegre. Será ás 20:30 horas no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa Olmos, 16-18, 1º).

Presentación de “Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo”

Dentro da programación de maio da Casa do Libro de Vigo (véxase nota anterior), terá lugar a presentación da obra colectiva Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo. No acto recitarán Paula Mariño, An Alfaya, Francisco Pazos, Marta Dacosta, Marcos Juncal, Xesús Alonso Montero, Elvira Riveiro, Manuel Vilanova, Anxo Angueira, Xurxo Sierra Veloso, Vitor Vaqueiro, Manuel Veiga, Manuel Vidal Villaverde e Francisco Castro. Será ás 20:00 horas.