Crónica videográfica da XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral 2023 (3)
A XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral. Das regueifas ás músicas actuais, unha travesía polos mares da canción, unha iniciativa da AELG co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, tivo lugar o 28 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo.
Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe os vídeos das conferencias e mesas redondas da tarde:
– Conferencia Un país no palco: a nova verbena galega, de Marta Veiga Izaguirre:
– Conferencia Cantar a verdade, toda a verdade e nada máis que a verdade (na medida do posible), de Nuno Pico (Grande Amore):
– Mesa redonda:
A Coruña: presentación de Outra Volta de Rodicio, con Ricardo Seixo
O 15 de febreiro, ás 19:30 h, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, preséntase o poemario Outra volta de rodicio, de Ricardo Seixo. No acto, xunto ao autor, estarán presentes Moncho Branco, autor do limiar do libro, o ilustrador Abraham Vila, e o Colectivo “Gosto de vivir a poesía” e o Grupo Maraxe. As persoas interesadas en asistir á presentación poden inscribirse aquí.
A Coruña: conferencia “Singularidades do Entroido galego (orixes e orixinalidade)”, por Felipe-Senén
Compostela: presentación de Galicia, 1981-2021. Autonomía, sociedade e cultura
Lugo: xantar e presentación do poemario colectivo Rosalía no barrio
Vigo: presentación de Atlas de xeografía interior, de Fran Pereiro
Compostela: presentación de A terra leve, de Adrián Noia
A Coruña: charla “Os fundamentos da poesía”, por Xoán Abeleira
Crónica videográfica da XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral 2023 (2)
A XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral. Das regueifas ás músicas actuais, unha travesía polos mares da canción, unha iniciativa da AELG co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, tivo lugar o 28 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo.
Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe os vídeos das conferencias e mesas redondas da mañá:
– Conferencia Que é canción, con María Xosé Silvar “Sés”:
– Conferencia Canto eu canto, co Leo de Matamá:
– Mesa redonda:







