Máis de 80 orixinais chegaron para concursar na novena edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, que está organizado pola Agrupación Cultural Ergueitos e a Concellaría de Cultura de Sarria e cuxo prazo de presentación rematou o pasado 31 de xaneiro. Acaba de coñecerse a composición do xurado, que estará formado polo Concelleiro de Cultura, Xermán Arias, a Presidenta da A.C. Ergueitos, María Casar, e polos poetas Xosé Antón Neira Cruz, Lucía Aldao e Pilar Pallarés. O ditame do xurado será dado a coñecer antes do remate do 1º trimestre do ano 2009, como figura nas bases do premio, nun acto público que será anunciado con antelación.
Arquivos da etiqueta: Lucía Aldao
Recital poético-musical na Coruña
Hoxe 16 de maio ás 20:00 horas, no espazo de Caixa Galicia de Juan Flórez, terá lugar un recital de poesía a cargo de Olga Patiño, Enma Pedreira, e Diego Cousillas. Lucía Aldao acompañará á guitarra.
Lucía Aldao e María Lado na casa-museo Emilia Pardo Bazán
Este luns 23 de abril, día do libro, a casa-museo de Emilia Pardo Bazán ofrece, entre outras actividades, un recital poético a cargo de Lucía Aldao e María Lado. Será ás 17:00 horas.