Arquivos da etiqueta: Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
A Coruña: conferencia sobre A microtoponimia da cidade da Coruña, por Xosé Manuel Sánchez Rei
O
martes 2 de decembro, ás 20:00 horas, no local social da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar a sexta conferencia do Ciclo Recuperación, análise e divulgación da toponimia menor da Coruña e da súa comarca, patrocinado pola Deputación da Coruña. Versará sobre A microtoponimia da cidade da Coruña, e estará a cargo de Xosé Manuel Sánchez Rei.
A Coruña: roteiro centrado na toponimia costeira da península da Torre, con Xurxo Souto
O
sábado 22 de novembro, ás 12:00 horas, no antigo embarcadoiro de carbón de Santo Amaro, na Coruña, terá lugar un roteiro pola península da Torre con Xurxo Souto para complementar a conferencia sobre a toponimia costeira da Coruña que tivo lugar o martes 18 de novembro, actividade enmarcada dentro do ciclo Recuperación, análise e divulgación da toponimia menor da Coruña e da súa comarca, que leva a cabo a A. C. Alexandre Bóveda.
A Coruña: conferencia sobre Aproximación á toponimia costeira da Península da Torre, por Xurxo Souto
O
martes 18 de novembro, ás 20:00 horas, no local social da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar a segunda conferencia do Ciclo Recuperación, análise e divulgación da toponimia menor da Coruña e da súa comarca, patrocinado pola Deputación da Coruña. Versará sobre Aproximación á toponimia costeira da Península da Torre, e estará a cargo de Xurxo Souto.
A Coruña: XVIII Memorial de teatro Ibán Toxeiro
O
xoves 13 de novembro, ás 20:30 horas, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda organiza o XVIII Memorial de teatro Ibán Toxeiro, que contará coa participación de:
– Grupo de Teatro da A. C. Alexandre Bóveda, coa obra Palabras de víspera, de Álvaro Cunqueiro;
– Grupo de Teatro Valacar da ONCE, coa obra Orientación, de Antonio Gelpí.
– Bucanero, coa obra Horario de visitas, de Ettore Buch.
– La Tuerka 27, coa obra Ascensores, de Alfonso Zurro.
– Espello Cóncavo, coa obra Occidente, de Lino Braxe.
– Música co pianista Antonio Rumbo.
– Premio Ibán Toxeiro pola súa aportación ao teatro a Francisco Pillado.
– Presenta: Juan Fernán.
– Dirixe: Lino Braxe.
Será ás 20:30 horas, con entrada libre e gratuíta.
A Coruña: presentación de Uma Mãe tão Punk, de Teresa Moure
A Coruña: conferencia Onomástica e literatura: a cidade da Coruña, por Pilar García Negro
O
martes 11 de novembro, ás 20:00 horas, no local social da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar a terceira conferencia do Ciclo Recuperación, análise e divulgación da toponimia menor da Coruña e da súa comarca, patrocinado pola Deputación da Coruña. Versará sobre Onomástica e literatura: a cidade da Coruña, e estará a cargo de Pilar García Negro.
A Coruña: conferencia sobre Aspectos da toponimia coruñesa e bergantiñá, por Xosé Ramón Freixeiro Mato
O
martes 4 de novembro, ás 20:00 horas, no local social da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar a segunda conferencia do Ciclo Recuperación, análise e divulgación da toponimia menor da Coruña e da súa comarca, patrocinado pola Deputación da Coruña. Versará sobre Aspectos da toponimia coruñesa e bergantiñá, e estará a cargo de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
A Coruña: conferencia A nosa toponimia, por Manuel Ferreiro
O
martes 28 de outubro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, Manuel Ferreiro pronunciará a conferencia A nosa toponimia, que será a primeira do Ciclo Recuperación, análise e divulgación da toponimia menor da Coruña e da súa comarca, patrocinado pola Deputación da Coruña.
A Coruña: presentación da Correspondencia entre Manuel María e Ramón Otero Pedrayo (1951-1974)
O
martes 21 de outubro, no salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase a Correspondencia entre Manuel María e Ramón Otero Pedrayo (1951-1974), publicada pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos. No acto participan os responsábeis da edición, Xosé Manuel Sánchez Rei e Estefanía Mosquera Castro, acompañados por Xosé Ramón Freixeiro Mato. Posteriormente abrirase un coloquio co público presente.

