Arquivos da etiqueta: Agrupación Cultural O Galo
Compostela: presentación de Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza, de Francisco Rodríguez
Compostela: presentación de Do gris ao violeta. Achegas á historia das mulleres de Pontevedra
Compostela: palestra de Manuel F. Rodríguez arredor da súa obra A viaxe á fin do mundo
Compostela: palestra de Ignacio Vilar sobre A esmorga, Adaptación dun texto narrativo a un audiovisual
Compostela: conferencia participativa sobre creación literaria con Anxos Sumai
Compostela: presentación de Un cesto de mazás, de Montse Fajardo
Compostela: Viño e narrativa 1: Suso de Toro
O
venres 13 de novembro, ás 20:30 horas, no Espazo Enocultural Vide Vide (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10, baixo) de Santiago de Compostela, a A. C. O Galo comeza Viño e…, un ciclo con actividades que no momento da súa realización requiren da colaboración dos asistentes, quen ao remate de cada unha participarán gratuitamente nunha cata a cegas.
A primeira actividade será Viño e narrativa 1: Suso de Toro:
“Dando por sabidos os males do alcolismo e tamén os bens que o uso intelixente do alcol proporciona é evidente que hai un recendo a viño e augas ardentes na historia da literatura, un recendo que ás veces é mesmo un cheiro ben forte.
Non sei dicir se a literatura que publiquei ole moito a esas bebidas, teño a idea de que non lle falta ese recendo moitas veces bravo. E podo confesar que tamén me acompañou na escrita, vai unha fotografía tirada de Polaroid na que aquel autor no ano 1984, como indica unha folla de calendario, escribía o libro nunha máquina “Underwood” acompañado dunha garrafa de líquido transparente.
Canto aos personaxes dos libros, a miña imaxinación tirounos do que vin e ouvín, tireinos das casas, dos campos, das rúas e dos bares. Ao Nano tireino das dúceas de bares que pasaron pola miña vida e polos que pasei en vida deles. Non lembro ben se especifiquei nalgún momento o que bebía o Nano…”
Compostela: presentación de Liña azul, de David Pobra
Compostela: debate-presentación de Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza
O
mércores 28 de outubro, ás 20:30 horas, no Espazo Enocultural Vide-Vide (Rúa do Santo Antonio, 10, baixo), de Santiago de Compostela, terá lugar un debate-presentación de Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza, libro publicado en Galaxia, nun acto organizado pola A. C. O Galo, onde intervirán Xusto Beramendi, Joám Evans Pim, José Antonio Portero Molina, Xavier Vence e Víctor F. Freixanes, quen presentará e actuará de moderador.







