Arquivos da etiqueta: Andel Libraría Vigo
Vigo: homenaxe á Libraría Andel
A emblemática libraría viguesa Andel anuncia o seu peche
Desde Sermos Galiza:
“Dúas décadas de existencia. Eis o tempo de vida dunha das máis emblemáticas librarías de Vigo, Andel, especializada en libro galego e portugués e que esta quinta feira anunciaba o seu peche nas redes sociais.
“Hoxe, 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna, anunciamos o peche do espazo libreiro Andel. Na vindeira semana comezará a liquidación de fondos bibliográficos e discográficos até o 30 de marzo”, escribían na súa conta de twitter.
Curiosamente, Andel iniciou a súa andaina no mundo virtual. Andel Virtual chamouse, xustamente, a páxina web coa que, da man de Xaime Nogueira, foron pioneiros na venda por Internet de libro galego e portugués. Dous anos despois abriron o local da avenida das Camelias, en Vigo, duns 100 metros cadrados e “co fin de dispor dun lugar onde achegar aos interesados ao libro e á cultura galega onde celebrar actos, encontros, presentacións de libros, exposicións…”.
De feito, Andel funcionou como epicentro vigués para o libro galego. O ex director de Xerais, Manuel Bragado, confesábase “conomocionado” pola noticia: “Outro síntoma da fraca saúde do noso tecido libreiro, máis aínda o especializado en lingua galega. Moitos abrazos de gratitude para Xaime Nogueira artífice dunha fantasía necesaria”.”
Vigo: presentación de O lugar que non hai, de Estevo Creus
O 15 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel de Vigo (Avenida das Camelias, 102), preséntase O lugar que non hai, de Estevo Creus, publicado por Chan da Pólvora.
Vigo: presentación de O mar que nos leva, de Moncha Fuentes
Vigo: presentación de 1968, de Vítor Vaqueiro
O 20 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102), en Vigo, Vítor Vaqueiro presenta 1968, publicado por Laiovento. No acto estará acompañado por Pepe Cáccamo.