Santiago: actividades destacadas do luns 30 de abril na Feira do Libro

Continúa a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) con horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:00 h.
As actividades máis destacadas do luns 30 de abril son as seguintes:

19:00 h. O escritor Xosé Neira Vilas presenta o seu libro 100 anos do himno de Galicia publicado por Edicións Embora. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares das súas obras.
20:00 h. Presentación do libro A praza é nosa. Quen constrúe a democracia? de varios autores, coordinado polo xornalista Marcos Pérez Pena e publicado por 2.0 Editora. Participan no acto Marcos Pena, Antón Lado e varios dos autores da mesma.

A Coruña: Tour de Lecturas do Oeste

O martes 8 de novembro, en Normal (Paseo de Ronda, 47) da Coruña, terá lugar, dentro das IV Xornadas sobre Normalización da Lingua e a Cultura no Ámbito da Educación, o Tour de Lecturas do Oeste, con entrada libre até completar capacidade. O programa é o seguinte:
16:30 h. Mesa redonda Xestionando a lectura pública [BoasPrácticas], con Catuxa Seoane, Marcos Lorenzo, Cristina Novoa e Albino Alonso, moderados por Héctor Pose.
18:15 h. Mesa redonda Iniciativas empresariais ao redor do libro, con Iria Sobrino (Estaleiro editora), Begoña Varela (Libraría Nova Colón), Manel Cráneo (Demo Editorial) e Antón Lado (2.0 Editora), moderados por Héctor Pose.
19:30 h. Lois Pereiro segundo Marcos Calveiro. Presenta: Neves Arza.
20:30 h. Espectáculo poético-musical con María Lado e Lucía Aldao, presentadas por Eva Espido.