Arquivos da etiqueta: As Crónicas de Bran. A porta de Annwn
Rianxo: actividades destacadas do sábado 26 e domingo 27 na Feira do Libro
O sábado 26 e domingo 27 de xullo finaliza a Feira do Libro de Rianxo (na Praza de Castelao), con horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 19:00 a 23:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
Sábado 26
– 13:00 h. Presentación, na casa do concello, do libro As crónicas de Bran, Vol. II: A porta de Annwn, de Xosé Duncan. Xunto co autor, participará no acto Adolfo Muíños.
– 19:30 h. Presentación do libro disco Brinca vai!, de
Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor, publicado por Kalandraka. Na Biblioteca
da feira.
– 20:30 h. Presentación, na casa do concello, do primeiro número do proxecto
Caderno de Literatura popular de Rianxo, adicado a Francisco Rodríguez Gey. Participarán no acto Eulalia Agrelo Costas, Carla Morano e Adolfo Muíños.
– 21:30 h. Concerto na Praza Rafael Dieste. Presentación do traballo discográfico Toc Toc, a cargo de Pablo Díaz e Banda. (Programa Rede Cultural Deputación da Coruña).
Domingo 27
– 13:00 h. Presentación da Antoloxía Poética de Evaristo Martelo, a cargo de Pepe Blanco Alborés, responsable de Plan B Editora e presentado por Adolfo Muiños.
– 19:30 h. Presentación, na Biblioteca Infantil, do álbum ilustrado O libro dos bicos, de Xosé Luna e Nuria Díaz.
– 20:30 h. Presentación, na Biblioteca Infantil, do libro Salseiros, de Suso Lista, publicado por Edicións Embora.
A Coruña: presentación de As Crónicas de Bran 2. A Porta de Annwn, de Xosé Duncan
A Coruña: presentación de A porta de Annwn, de Xosé Duncan
O venres 7 de marzo, ás 21:00 horas, no Passepartout Beerhuse da Coruña (Paseo das Pontes, 14, baixo), Xosé Duncan presenta o segundo volume da triloxía As Crónicas de Bran, titulado A porta de Annwn, publicado por Contos Estraños.