Arquivos da etiqueta: As fotos da retina
Vídeo da presentación en Vigo de As fotos da retina, de Ramona Giráldez Domínguez
A Coruña: presentación de As fotos da retina, de Ramona Giráldez Domínguez
Vigo: presentación de As fotos da retina, de Ramona Giráldez Domínguez
Feira do Libro da Coruña 2021: actividades destacadas do 2 de agosto
O 2 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:00 h. Contacontos con Pedro Brandariz.
– 18:30 h. Presentación cruzada de Cobiza, de María Reimóndez, e A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto, publicados por Xerais.
– 18:30 h. Miriam Couceiro Castro asina A Galiza feminista, publicado por Galaxia.
– 18:30 h. Lorena Conde asina exemplares de Velloucas e Minchas e As mil vidas de Dorotea, publicados por Cuarto de Inverno.
– 18:30 h. Ramona Giráldez Domínguez asina exemplares de As fotos da retina, publicado por Medulia.
– 19:30 h. Presentación e recital poético-musical de Carlos Negro e Benxamín Otero arredor de Estrita necesidade, publicado por Alvarellos.
– 19:30 h. Sinatura de obras de María Reimóndez e Eva Mejuto.
– 19:30 h. Marilar Aleixandre asina As malas mulleres, publicado por Galaxia.
– 19:30 h. Clara Vidal asina exemplares da súa obra.
– 20:30 h. Carlos Negro e Benxamín Otero asinan exemplares das súas obras.