Santiago: xornada sobre Cooperativas no sector da cultura, o mércores 13 de novembro

Programa da Xornada
16:00 h. Acreditación e benvida.
16:30 h. Presentación das liñas en emprendemento da Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Beatriz González Loroño. Directora-Xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia
16:50 h. A Rede Eusumo e outros servizos e incentivos que impulsan novas cooperativas. Xoán Miguel Concheiro Abal. Subdirector Xeral de Cooperativas e Economía Social, Xunta de Galicia
17:10 h. O modelo cooperativo e as súas posibles aplicacións no sector cultural. Ana Lorenzo Vila. Equipo técnico da Rede Eusumo.
17:40 h. Actuación do grupo de cámara do Conservatorio Histórico de Santiago.
18:15 h. Descanso.
18:30 h. Experiencias cooperativas no sector cultural.
– Grupo Mus21. Madrid
– Culturactiva. Santiago
– O Cable Inglés. Vigo
– Conservatorio Histórico de Santiago.
19:45 h. Clausura da Xornada. Odilo Martiñá Rodríguez. Director Xeral de Traballo e Economía Social.

A xornada está orientada a profesionais e emprendedores do sector cultural, axentes e entidades de fomento do emprego e do emprendemento, membros de empresas cooperativas e público en xeral.
A asistencia é de balde previa inscripción no correo electrónico cultura@eusumo.coop ou no teléfono 634 555 029.

Máis de catrocentas voces soaron en Bonaval-Compostela na xornada No bico un cantar. Nenos e nenas cantan a Rosalía

Desde o Consello da Cultura Galega:
“Foi un concerto único, cálido e particularmente emotivo arredor da figura de Rosalía de Castro. O Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, xunto coa Fundación Cidade da Cultura de Galicia, organizaron a xornada No bico un cantar. Nenos e nenas cantan a Rosalía celebrada o 7 de xuño nunha ateigada igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. Máis de catrocentos nenos e nenas de 8 a 12 anos dos centros de ensino musical (conservatorios, escolas municipais e coros infantís) cantaron os poemas Maio longo, Rosa de abril, En Cornes e Negra sombra, acompañados polo grupo de metais Hércules Brass e dirixidos por Maximino Zumalave. A xornada veu sumarse aos actos conmemorativos do 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos (1863). Pola mañá os nenos e nenas participantes visitaron a Cidade da Cultura, onde realizaron o ensaio xeral. O concerto debía celebrarse na Praza da Quintana, mais as previsións meteorolóxicas aconsellaron levalo a Bonaval fuxindo da chuvia que, cumpridora da predicción, non faltou á cita. (…)
O acto foi presentado e conducido pola escritora Fina Casalderrey e acolleu tamén as intervencións de Rosario Álvarez, vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, e de Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Á igrexa de San Domingos de Bonaval acudiron asemade o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Francisco Díaz-Fierros, e a Xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño, entre outras autoridades e representacións. (…)”