Arquivos da etiqueta: Biblioteca Nodal de Lugo
Lugo: actos destacados na Feira do Libro para o xoves 19
O xoves 19 de maio continúa a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior, con horario de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:00 h. Coloquio sobre Manuel María, coa participación dos membros do Clube de Lectura da Biblioteca Nodal de Lugo.
– 20:00 h. Presentación de O viaxeiro radical, de Xerardo Quintiá, publicado en Galaxia. Ademais do autor, intervirán Xesús Fraga e Arturo Ponte.