O xoves 27 de maio, ás 18:30 horas, na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés da Coruña, terá lugar unha conferencia de Emma Pedreira arredor da obra de Xela Arias.
É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.
Arquivos da etiqueta: Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Coruña: conferencia de María Canosa
O venres 14 de maio, ás 19:00 horas, na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés da Coruña, terá lugar unha conferencia de María Canosa sobre Emilia Pardo Bazán.
É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.
A Coruña: vídeo contacontos en liña sobre Matías, un pito con moito conto, con María Canosa
O sábado 13 de febreiro, a partir das 12:00 horas, terá lugar un vídeo contacontos en liña, a través das redes sociais da Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña, con María Canosa, baseado na obra Matías, un pito con moito conto. Esta actividade está dirixida a nenas e nenos de 4 a 12 anos.
A Coruña: presentación de As horas de Hanna, de Pura Tejelo
A Coruña: conferencia “Unha outra mirada sobre a poesía de Manuel María, por Manuel López Foxo
O
xoves 19 de maio, ás 19:30 horas, na Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña, Manuel López Foxo, especialista na obra de Manuel María, impartirá a conferencia Unha outra mirada sobre a poesía de Manuel María. A entrada será libre para o público interesado.
A Coruña: presentación de Que non te aten, de Manuel Iglesias Turnes
A Coruña: recital multimedia con Yolanda Castaño
O
xoves 31 de marzo, ás 20:00 horas, no salón de actos da Biblioteca Pública González Garcés (Rúa Miguel González Garcés, s/n), na Coruña, terá lugar un recital multimedia con Yolanda Castaño, espectáculo no que conxuga poesía e novas tecnoloxías.
A Coruña: inauguración da exposición Miguel González Garcés: vida e obra
O
mércores 30 de marzo, ás 19:00 horas, na Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña (Rúa Miguel González Garcés), terá lugar a inauguración da exposición Miguel González Garcés: vida e obra, que conmemora o centenario do nacemento do escritor, historiador e bibliotecario coruñés. A mostra ofrece máis de 250 pezas referidas á traxectoria profesional e vital do autor, cunha especial presenza da súa produción literaria.
III Certame de poesía da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
“Con motivo da celebración do Día Internacional da Poesía (21 de marzo), a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, convoca o III Certame de Poesía no cal poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos.
Condicións de presentación das obras
O certame consta de dúas seccións:
· Poesía en galego.
· Poesía en castelán.
Cada participante só poderá presentar unha única composición poética optando por unha das dúas seccións: en galego ou en castelán. Quedará descualificado quen presente composicións poéticas en ambas as dúas seccións.
A extensión máxima admitida da composición poética será dun (1) folio escrito a ordenador por unha cara con fonte Arial de tamaño 11 e interliñado de 1’5. Poderá empregarse calquera forma poética (haiku, soneto, verso libre…).
As participacións deberán entregarse no Mostrador de préstamos e devolucións da entrada (planta baixa da Biblioteca).
Os poemas presentaranse sen asinar, cun pseudónimo, e introduciranse nun sobre pechado. No exterior do mesmo o participante deberá escribir os seguintes datos:
· III Certame de Poesía na Biblioteca Pública da Coruña.
· Sección elixida (galego / castelán).
· Pseudónimo do autor/a.
No interior do envoltorio incluirase esta información:
· Folla da composición poética.
· Un sobre pechado cunha folla na que aparezan estes datos persoais do autor/a: pseudónimo, nome e apelidos, teléfono/s, correo electrónico, DNI.
Prazo de presentación: do 10 de febreiro ao 21 de marzo de 2016.
Haberá dous premios aos mellores poemas en lingua galega e outros dos para os escritos en castelán.
Fallo do premio e entrega aos agraciados de lotes de libros e/ou outros documentos o venres, día 22 de abril (ao día seguinte celébrase o Día do Libro) nun acto que se anunciará previamente, e que terá lugar no salón de actos, ás 13 horas.”
A Coruña: Poesías, rimas e cancións, con Yolanda Castaño, na Biblioteca González Garcés
O
sábado 7 de marzo, ás 12:00 horas, na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña (Rúa Miguel González Garcés, s/n), terá lugar unha actividade para nenas e nenos maiores de 3 anos, coa presenza de Yolanda Castaño, arredor de Poesías, rimas e cancións.


