Arquivos da etiqueta: Carlos Vázquez Padín
A Coruña: actividades do xoves 4 na Feira do Libro
Estas son as actividades máis destacadas previstas para o xoves 4 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro da Coruña, ubicada, como cada ano, nos Xardíns de Méndez Núñez, e que permanecerá aberta até o 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h., e de 18:00 a 22:00 horas:
– 18:30 h. Presentación da obra gañadora no Premio Barriga Verde 2010, para textos dirixidos para monicreques (modalidade infantil), titulada Fábula galénica, obra de Inacio, escritor, director e fundador da compañía de monicreques Fantoches Baj, que, ao tempo, fará unha lectura narrada da súa obra para os máis pequenos.
– 19:00 h. Carlos Vázquez Padín asinará exemplares do seu libro Galeguismo e liberdade. Propostas para o século XXI, publicado por 2.0 Editora, na colección Supertextos.
– 19:30 h. Presentación da novela Noah Barleywater escapa da casa, de John Boyne, publicada por Faktoría K. Participará no acto o tradutor do libro, Carlos Acevedo, e un representante da editorial.
– 20:30 h. Galaxia presenta o libro Cociñando ao pé da letra. Participarán no acto Yolanda Castaño, Andrea Costas, coordinadoras do mesmo, Víctor F. Freixanes, en representación da editorial, e dous escritores que cociñan no libro: Xabier P. DoCampo e Lucía Aldao.
– 21:00 h. Miguel Sande asinará exemplares do seu libro A vida fóra, publicado en Galaxia.
Ourense: presentación de Galeguismo e liberdade, de Carlos Vázquez Padín
O mércores 30 de marzo ás 20:00 h., na Livraria Torga (Rúa da Paz, 12) de Ourense, preséntase o libro Galeguismo e liberdade. Propostas para o século XXI, de Carlos Vázquez Padín, publicado en 2.0 Editora.
A Coruña: presentación de Galeguismo e liberdade, de Carlos Vázquez Padín
O xoves 24 de marzo ás 20:00 h., na Librería Arenas (Cantón Pequeno, 25) da Coruña, preséntase o libro Galeguismo e liberdade. Propostas para o século XXI, de Carlos Vázquez Padín, publicado en 2.0 Editora. O acto contará coa presenza de Fernando del Río, Marcos Lema e o propio autor.
Vigo: presentación de Galeguismo e liberdade, de Carlos Vázquez Padín
O xoves 17 de marzo ás 19:30 h., na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27) de Vigo, preséntase o libro Galeguismo e liberdade. Propostas para o século XXI, de Carlos Vázquez Padín, publicado en 2.0 Editora. O acto contará coa presenza de Fernando del Río e o propio autor.