A escritora Emma Pedreira vence no Certame de Microrrelatos de Moaña

Desde Faro de Vigo:
“A escritora galega Emma Pedreira foi a gañadora do XV Certame de Microrrelatos que organiza a Lonxa Literaria de Moaña. Venceu co seu relato titulado Lelalela. (…)
A Lonxa Literaria lle entregará o premio característico deste certame, un lote de conservas da ría, no mes de xaneiro.
O texto gañador é o seguinte:

Lelalela

Non é que sexa rara, ten gustos definidos. Encántalle cantar, pero só en contacto coa auga. É como se fose serea, pero non quere ser romántica nin chorradas polo estilo e pénsase cabareteira, pero en plan ben, en plan Marlénditrich. Cando lava a louza canta baixiño, coas lubas plástico rosa, putyubleinonmi, bois. Só entende o dos bois e tira do bordo de goma, pupupidú. Deletréao co cu, como se tivese vinte e non case oitenta, iso non se di. Cando se ducha -nos días impares- fai algo de zarzuela. O resto dos días, que toca baño de asento, copla lixeira, delbarriodesantacrúereunhermozoclavé. Se hai pingueiras, que as hai, na súa bufarda velliña de pensionista, recolle gotas coa lingua e dáse a aquilo de miudiñomiudiño, e mesmo vai collendo unha lixeira borracheira; despois durme. Agora si, cando trona, cando o trebón de mediados de agosto ameaza con mandar unha chuvia case monzónica de tan mesta e pegañenta, Lilimarlén sae por rimeira e única vez da casa en todo o ano, coas botas militares herdadas de seu pai, morto dun disparo nas terras do Ebro, e cunha bata de guata que pagou en reais e oñeceu épocas de botóns e flores. Aí é cando canta até o dano, e remata chorando nas pozas, leliñaporqueneumorro, tola de amor, a vella tola. Hoxe tampouco virán por ela.

Convocado o XII Certame de Microrrelatos Lonxa Literaria 2014

1.- Lonxa Literaria MoañaOs microrrelatos deberán estar escritos en galego normativo cunha extensión máxima de 15 liñas a dobre espazo e cunha letra tipo Times New Roman, nº 12. No texto deberá conter necesariamente a palabra FARO.
2º.- Convócase unha única categoría de participación á que se dotará dun premio dun lote de conservas da ría.
3º.- Se a calidade dos traballos presentados así o aconsella, nomearase un ou dous accésits sen dotación económica. De non acadar a calidade necesaria, o xurado poderá declarar o premio deserto.
4º.- Os traballos remitiranse en sobre sen remitente á LONXA LITERARIA, Centro cultural Daniel Castelao, Quintela s/n, 36950 Moaña, Pontevedra. Dentro deste sobre deberase incluír otro sobre co título do relato no seu exterior e os datos do autor ou autora no interior.
5º.- Remitiranse tres copias de cada dos microrrelatos antes do 31 DE OUTUBRO DE 2014.
6.- O veredicto do xurado farase público o 21 de novembro do ano en curso. En decembro do mesmo ano farase entrega do premio que se debe recoller persoalmente ou por delegación expresa.
7.- A publicación do traballo premiado realizarase a través da páxina web desta asociación. Non obstante, resérvase a posibilidade de publicación noutro tipo de soportes no futuro.
8.- O feito de concursar supón a aceptación destas bases e a resolución do xurado.
9.- O xurado do certame estará formado por dúas persoas de recoñecido prestixio do ámbito da literatura.”

Convocado o XI Certame de Microrrelatos Lonxa Literaria

XI CERTAME DE MICRORRELATOS LONXA LITERARIA

“Aterase ás seguintes bases:
1.- Os microrrelatos deberán estar escritos en galego normativo cunha extensión máxima de 15 liñas a dobre espazo e cunha letra tipo Times New Roman, nº 12. No texto deberá conter necesariamente a palabra RIZÓN.
2.- Convócase unha única categoría de participación á que se dotará dun premio dun lote de conservas da ría.
3.- Se a calidade dos traballos presentados así o aconsella, nomearase un ou dous accésits sen dotación económica. De non acadar a calidade necesaria, o xurado poderá declarar o premio deserto.
4.- Os traballos remitiranse en sobre sen remitente á LONXA LITERARIA, Centro cultural Daniel Castelao, Quintela s/n, 36950 Moaña, Pontevedra. Dentro deste sobre deberase incluír otro sobre co título do relato no seu exterior e os datos do autor ou autora no interior.
5.- Remitiranse tres copias de cada dos microrrelatos antes do 31 DE OUTUBRO DE 2013.
6.- O veredicto do xurado farase público o 22 de novembro do ano en curso. En decembro de 2013 farase entrega do premio que se debe recoller persoalmente ou por delegación expresa.
7.- A publicación do traballo premiado realizarase a través da páxina web desta asociación. Non obstante, resérvase a posibilidade de publicación noutro tipo de soportes no futuro.
8.- O feito de concursar supón a aceptación destas bases e a resolución do xurado.
9.- O xurado do certame estará formado por dúas persoas de recoñecido prestixio do ámbito da literatura.”

X Certame de microrrelatos Lonxa Literaria

O X Certame de microrrelatos Lonxa Literaria, convocado pola Asociación Lonxa Literaria, aterase ás seguintes bases:

1º.- Os microrrelatos deberán estar escritos en galego normativo cunha extensión máxima de 15 liñas a dobre espazo e cunha letra tipo Times New Roman, nº 12. No texto deberá conter necesariamente a palabra CHALANA.
2º.- Convócase unha única categoría de participación á que se dotará dun premio dun lote de conservas da ría.
3º.- Se a calidade dos traballos presentados así o aconsella, nomearase un ou dous accésits sen dotación económica. De non acadar a calidade necesaria, o xurado poderá declarar o premio deserto.
4º.- Os traballos remitiranse en sobre sen remitente á LONXA LITERARIA, Centro cultural Daniel Castelao, Quintela s/n, 36950 Moaña, Pontevedra. Dentro deste sobre deberase incluír outro sobre co título do relato no seu exterior e os datos do autor ou autora no interior.
5º.- Remitiranse tres copias de cada dos microrrelatos antes do 30 de novembro de 2012.
6º.- O veredicto do xurado farase público o 20 de decembro do ano en curso. En xaneiro de 2013 farase entrega do premio que se debe recoller persoalmente ou por delegación expresa.
7º.- A publicación do traballo premiado realizarase a través da páxina web desta asociación. Non obstante, resérvase a posibilidade de publicación noutro tipo de soportes no futuro.
8º.- O feito de concursar supón a aceptación destas bases e a resolución do xurado.
9º.- O xurado do certame estará formado por dúas persoas de recoñecido prestixio do ámbito da literatura.