Arquivos da etiqueta: César Lorenzo Gil
Vigo: presentación de A parte dos anxos, de Emma Pedreira e Carlos Lago
O Porriño: actividades do 11 de maio na Feira do Libro 2023
Compostela: actividades do 29 de abril na Feira do Libro 2023
A Coruña: presentación de A parte dos anxos, de Emma Pedreira e Carlos Lago
Baiona: presentación de Agora que cala a noite, de Elba Pedrosa
Vigo: presentación da tradución ao galego de O nome da rosa, de Umberto Eco
Vigo: presentación de Teorías do fin, de Antonio Seijas
Vigo: presentación de O relato de Arthur Gordon Pym, de Edgar Allan Poe, traducido por Samuel Solleiro
Lois Pérez: “Cando escribes, o que agroma sempre é a nosa experiencia do mundo, mesmo negándoa”
Entrevista de César Lorenzo Gil a Lois Pérez en BiosBardia:
“(…) – BiosBardia (B): Que novela o reconciliou coa literatura?
– Lois Pérez (LP): Nunca me anoxei tanto coa literatura como para ter que reconciliarme con ela. Pero, por exemplo, hai un par de anos encadeei seguidas Moby Dick, de Herman Melville e Sen novidade na fronte, de Erich Maria Remarque. Despois pasei un par de meses sen poder ler nada, volvía ás páxinas marcadas destes dous libros unha e outra vez. (…)
– B: Escribirá as súas memorias?
– LP: Non, sería un exercicio reiterativo. Dalgún modo, iso está presente no que un mesmo escribe, dun ou doutro xeito, malia que sexa unha ficción. Melville, por exemplo: Moby Dick pasou desapercibido cando o publicou, morreu na pobreza absoluta. Pero sería impensábel que escribise nada diso se non tivese traballado nas aduanas marítimas ou nun barco baleeiro. O que agroma sempre é a nosa experiencia do mundo, mesmo negándoa.
– B: Que autor/a considera responsable de que vostede se dedique á literatura?
– LP: Polo Darío Xohán Cabana, agora seino, sempre tiven unha vaga idea do que implicaba ser escritor e era algo que me atraía, aínda antes de pensar en escribir nada. Supoño que mitifiquei esa actividade desde neno. Despois, Jorge Luis Borges ou Bob Dylan. Así de claro. Sen as súas cancións e os seus libros eu non tería comezado nada. Non digo que leve eu gran cousa tampouco. (…)”









