Arquivos da etiqueta: Ciranda
Compostela: presentación de O Rei da Floresta, de Adela Figueroa
Compostela: presentación de Voando nas asas de um pombo verde, de Helena Osório
Compostela: presentación de Emigrantes, exilados e perseguidos, de Dionísio Pereira
A cuarta feira 18 de decembro, ás 20:00 horas, na Ciranda (Rúa Travesa, 7), de Santiago de Compostela, preséntase Emigrantes, exilados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940), de Dionísio Pereira, publicado por Através Editora. No acto, xunto ao autor, participan Lourenzo Fernández Prieto e Miguel R. Penas.
Compostela: presentación de Os Transparentes, de Ondjaki
A quinta feira 28 de novembro, ás 20:00 horas, na Livraria Ciranda (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, o escritor angolano Ondjaki presentará a obra narrativa Os Transparentes, gañador da oitava edición do Premio José Saramago.
Compostela e Vigo: presentación de Círculo Edições e a revista Elipse
A cuarta feira 20 de novembro, ás 20:00 horas, na Ciranda (Rua Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntase publicamente Círculo Edições, e o número 1 da revista Elipse.
A quinta feira 21 de novembro, ás 20:00 horas, o este acto terá lugar na Libraría Cartabón (Rúa Urzaiz, 125) de Vigo.
Compostela: coloquio, recital poético e música, con Cremildo Bahule e Narf
A cuarta feira 16 de outubro, ás 20:00 horas, na Livraria Ciranda (Rua da Travesa, 7) de Santiago de Compostela, o escritor mozambicano Cremildo Bahule manterá un coloquio sobre estética literaria (similaridades e contendas entre Literatura Mozambicana e da Galiza). Alén da palestra, recitará versos acompañado do músico galego Fran Pérez, Narf, que interpretará varios temas.
Compostela: presentación de Janela Aberta, de José Alberte Corral Iglesias
A cuarta feira 9 de outubro, ás 20:00 horas, na Livraria Ciranda (Rúa Travesa, 7), de Santiago de Compostela, preséntase o libro de relatos Janela Aberta, de José Alberte Corral Iglesias, publicado por Através Editora. No acto, xunto ao autor, participa Xurxo Nóvoa Martins.
Compostela: presentación de Quem fala a minha língua?
A terza feira 24 de setembro, ás 20:00 horas, na Livraria Ciranda (Rúa Travesa, 7), de Santiago de Compostela, preséntase o libro Quem fala a minha língua?, publicado por Através Editora. No acto participan Valentim R. Fagim e Jairo Dorado.