Compostela: presentación de Quem fala a minha língua?

A terza feira 24 de setembro, ás 20:00 horas, na Livraria Ciranda (Rúa Travesa, 7), de Santiago de Compostela, preséntase o libro Quem fala a minha língua?, publicado por Através Editora. No acto participan Valentim R. Fagim e Jairo Dorado.

Compostela: actividades literarias do 25 de xullo no Festigal 2013 (suspendido polo accidente de tren acaecido o mércores 24 de xullo)

Na Galería das Letras do Festigal 2013, que se celebrará no Campus Universitario Sul de Santiago de Compostela, terán lugar as seguintes actividades literarias destacadas o xoves 25 de xullo:

16:00 h. Presentación do libro Didáctica da lingua e novos soportes comunicativos: a linguaxe SMS, de Estefanía Mosquera Castro, publicado pola AS-PG.
16:30 h. Presentación do libro Diario de Lugo, Xosé Ramón Fernández e Oxea “Ben Cho Shey, publicado pola Deputación de Lugo.
17:00 h. Presentación de Retallos daquela infancia, de Bautista Álvarez, publicado en Xerais. No acto participa, co autor, Pilar García Negro e Manuel Bragado.
17:30 h. Presentación de Bícame, Frank, de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia. No acto participan, xunto ao autor, Antonio Mourelos e Victor F. Freixanes.
19:45 h. Presentación de Eu violei o lobo feroz, de Teresa Moure, publicado en Através Editora. Participa, xunto á autora, Rafa Vilar.
20:15 h. Presentación de Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira, publicado en Xerais, coa participación do autor e Manuel Bragado.
21:15 h. Presentación de Quem fala a minha língua?, publicado por Através, e que será presentado por Valentim R. Fagim e Gemma Fernández, con intervencións de Jairo Dorado e Carmen Alén, dous dos seus autores.