Arquivos da etiqueta: Concello de Ames
Bertamiráns, Ames: presentación de Un señor elegante, de Suso de Toro
Bertamiráns (Ames): presentación de Intempestiva. Unha biografía (literaria) de Xela Arias, de Montse Pena Presas
Bertamiráns, Ames: presentación de Movendo os marcos do Patriarcado, de María López Sández e Marilar Aleixandre
Bertamiráns (Ames): presentación de Libres e vivas
Bases do XVIII Certame Literario de narrativa e poesía Concello de Ames
Bases do XVII Certame Literario Concello de Ames
Bertamiráns, Ames: presentación de Formigas nos pés, de Nazaret López
Bases do XVI Certame Literario Concello de Ames. Narrativa e Poesía
Bertamiráns: Escola de Escritoræs. Obradoiro de creación literaria “Mastervers. Petiscos poéticos”, con Carlos Negro
O
Obradoiro de creación literaria Mastervers. Petiscos poéticos, impartido por Carlos Negro, é unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, co patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames.
Obradoiro de versos para mentes creativas que desexan poñer en xogo a imaxinación e a intuición, usando unha multitude de ingredientes da nosa hora literaria.
Sempre coa mirada aberta e o oído delicado, poñendo o mundo ao revés.
Calendario e inscrición
- Nome e apelidos
- Idade
- Teléfono
As prazas asignaranse por orde de solicitude.
O obradoiro desenvolverase no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Avenida da Peregrina, 16 –como chegar-).
O obradoiro enmárcase na Escola de Escritoras e Escritores da AELG, iniciativa que centra os seus esforzos en impartir, por concellos de todo o país, obradoiros con formatos e destinatarios diversos, nos que se abordan diferentes xéneros literarios e contidos. Trátase dunha iniciativa que, cos autores/as como guías, ten o obxectivo de transmitir a experiencia apaixonante do acto creador, tentando concienciar á sociedade do imprescindíbel que é a estimulación creativa na escrita e o seu papel complementario na formación do individuo. O proxecto aposta por ofrecer á mocidade un sistema lingüístico, literario e cultural propio no que asentar as súas raíces.


















