Arquivos da etiqueta: Concello de Foz
Foz: presentación de Segredos de Bretaña, de Carlos G. Reigosa
Foz: presentación de Alén mundo, de Paco Rivas
O 9 de xullo, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura Manuel María de Foz, preséntase o libro Alén mundo, de Paco Rivas, publicado por Fervenza. En dito acto, o autor estará acompañado do profesor e escritor Bernardo Penabade, o ilustrador do libro, Alfonso Otero Regal; e o alcalde do Concello de Foz, Fran Cajoto.
Foz: actuacións de Aldaolado, os 23 e 24 de abril
Concellos que acordaron celebrar o Día de Rosalía de Castro (II)
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega agradece o compromiso das corporacións provinciais e municipais que acordaron nos seus plenos celebrar o Día de Rosalía de Castro:
– Concello de Foz.
– Concello de Lalín.
– Concello de Lobeira.
Foz: recital poético-musical en homenaxe a Manuel María
O venres 18 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Foz (Avenida da Mariña, 16), a Escola de Música Municipal e a Delegación de Cultura do Concello de Foz organizan un acto poético musical en homenaxe ao poeta Manuel María co gallo dos 45 anos de Versos florecidos en louvanza de Foz, gañadores dos I Xogos Florais do ano 1966. Como relator estará Suso Fernández e os poemas musicados serán cantados por Arcadio Mon. Todos os asistentes recibirán un exemplar dos Versos florecidos.