Arquivos da etiqueta: Concello de Viveiro
Viveiro: presentación de Outras linguaxes, de Xoán Neira, o 4 de outubro
Viveiro: “Os poetas escollen abril: de Nicomedes Pastor Díaz a Luísa Villalta”, o 19 de abril
Bases do VI Premio de novela Vilar Ponte
Obras gañadoras do V Premio de Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro
Bases do V Premio de novela Vilar Ponte
Viveiro: presentación de Calendario poético, de Xoán Neira
Bases do IV Premio de novela Vilar Ponte
Bases do II Premio de novela Vilar Ponte
Adolfo Caamaño faise co I Premio de novela Vilar Ponte
Desde Cultura Galega:
“O xurado da primeira edición do Premio de Novela Vilar Ponte, seleccionou esta fin de semana a Adolfo Caamaño Vázquez (Barro, 1959) como gañador deste certame que convoca o Concello de Viveiro. Da súa novela Matar o heroe destacou a “súa solidez narrativa, tanto da estrutura como da ambientación espacial cronolóxica e dos personaxes”, así como o seu “contido universalista” e “a defensa do pacifismo e a non violencia, en consonancia cos valores cívico-sociais defendidos polos irmáns Vilar Ponte na súa traxectoria vital”. Caamaño leva un premio en metálico de 4.000 euros, mentres Rocío Leira Castro obtivo os mil euros do segundo posto coa súa obra Veleno en familia.
O xurado estivo formado polo cronista oficial do municipio, Carlos Nuevo Cal, o profesor de lingua e literatura Bernardo Penabade Rey, e a xornalista Alba Porral Quintillán. A entrega dos galardóns realizouse o 30 de novembro no Teatro Pastor Díaz.”