
Arquivos da etiqueta: Pura Salceda
Presentación de No círculo, de Pura Salceda, en Barcelona
Viveiro: entrega do VII Premio de Novela Vilar Ponte a Pura Salceda
Entrega do VII Premio de Novela Vilar Ponte a Pura Salceda
Veredicto do xurado do VII Premio de Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro
Acta do XXXVIII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà
Sant Feliu de Llobregat: Día das Letras Galegas 2024
Barcelona: “A nervo espido”, recital poético
A XIII edición do certame Inspiraciencia de relatos de inspiración científica xa ten gañadoras
A XIII edición do certame Inspiraciencia de relatos de inspiración científica, co que colabora a AELG, xa ten gañadoras-es.
O Teatro Filarmónica de Oviedo acolleu o acto de entrega de premios do xurado e do público, cun total de 341 relatos que participaron na presente edición do concurso.
A AELG colabora habilitando prazas para as persoas gañadoras nos Obradoiros da súa Escola de Escritoras e Escritores, e propondo unha persoa para o xurado, Pura Salceda.
Estes foron os relatos nas categorías xuvenil e adulto en galego, resultando gañadores e finalistas os seguintes:
Xuvenil
Relato gañador: Carla Dopazo Pavón (A Coruña), polo relato “t’”.
Relato finalista: Ingrid Guldrís Hortas (Santiago de Compostela), polo relato “Golfomusgo”.
Adulto
Relato gañador: Noelia Rodríguez Ramos (Tui, Pontevedra), polo relato “Pedra, area, balea”.
Relato finalista: Isabel Pose Torrado (Ordes, A Coruña), polo relato “A pel de Aurora”.
Máis información, aquí.
Vexa aquí a vídeo do acto de entrega de premios.
Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar un achegamento ao pensamento científico, de forma libre e persoal, a través da creación literaria, e explorar realidades antes non imaxinadas.









