“Hai moitas incógnitas aínda por despexar ao redor do libro electrónico. En que formato traballar, para que dispositivos, se facer só unha traslación do libro impreso ao dixital ou, pola contra, buscar un formato enriquecido. Segundo datos do Ministerio de Cultura, só o 3% dos libros que se venden están en formato dixital. Mentres as editoras galegas esperan que o mercado despexe dúbidas sobre a fórmula a seguir, cada quen fai as súas experiencias por separado. En total hai disponibles 250 títulos en diferentes plataformas e formatos.” A nova completa pódese consultar en Cultura Galega.
Arquivos da etiqueta: Cultura Galega
O camiño dixital das Bibliotecas
Pulp Books: Literatura galega pop traducida ao castelán
As Últimas paisaxes de Novoneyra
Cultura Galega: “Un ano de cultura”
“Banda deseñada: Radiografía 2010” en Cultura Galega
“Galicia
e os Estados Unidos foron os principais focos de edición de autores de novena arte galegos no ano 2010. Case a metade dos libros do nosos creadores saíron en galego, e a o apoio público á edición no noso país chegou a perto dun terzo dos títulos editados. Por vez primeira, Cultura Galega presenta unha análise polo miúdo da edición de banda deseñada en Galicia. Ao longo de 2010 publicáronse un total de 85 títulos de banda deseñada, ben feita por autores galegos, ben editada por empresas e colectivos do noso país, ben na nosa lingua. Destas, 56 obras foron editadas en Galicia, totalizando nada menos que 383.640 exemplares. Na nosa análise considéranse como volumes separados as edicións dunha mesma obra en varios idiomas, e cóntanse de xeito individual os diferentes números das publicacións periódicas.”
A análise completa pódese consultar neste enlace de Cultura Galega.