Arquivos da etiqueta: Diana Varela Puñal
A Coruña: representación de A morte é a túa voz ausente, de Diana Varela Puñal
Diana Varela Puñal presenta a peza de microteatro A morte é a túa voz ausente
Betanzos: Encontro literario con Diana Varela Puñal, Xulio López Valcárcel, Concha Parga, Paco Campos e X. L. Sobrino
Ferrol: presentación de Dez anos de poesía nas Pontes
O
venres 8 de novembro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina rúa María) de Ferrol, preséntase o libro titulado Dez anos de poesía nas Pontes, publicado en Galebook. No acto participan Santi del Moral, Ofelia López, Gloria David, Mari Carmen Freire, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela, Eduardo Estévez e Medos Romero.
A Coruña: recital de poesía e música na Libraría Azeta
O
domingo 20 de outubro, ás 19:30 horas, na Libraría Azeta (Praza José González Dopeso, 1, baixo) da Coruña, un recital coa participación poética de Pedro Casteleiro, François Davo, Alfredo Ferreiro, Tati Mancebo, Ramiro Torres e Diana Varela Puñal, en diálogo coa música en directo de César Morán. Ao finalizar o acto, poetas e músico asinarán exemplares das súas obras e dialogarán co público asistente.
Arteixo: presentación do libro colectivo Banqueiros
O
xoves 7 de marzo, ás 21:00 h., na Libraría A lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3) de Arteixo, preséntase o libro de teatro de autoría colectiva Banqueiros, publicado por Laiovento. No acto participará o coordinador e prologuista do libro, Francisco Pillado, e haberá unha lectura dramatizada do texto Lúa de mel, de Diana Varela Puñal, incluído no libro, a cargo da compañía Paso de Valverde Teatro.
Santa Cruz, Oleiros: presentación do libro colectivo Banqueiros
O
xoves 21 de febreiro, ás 20:00 h., no Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, Oleiros, preséntase o libro de teatro de autoría colectiva Banqueiros, publicado por Laiovento. No acto participarán o coordinador e prologuista do libro, Francisco Pillado, unha das autoras, Diana Varela Puñal, e Esther Garrido Pan, concelleira de Cultura e Normalización Lingüística de Oleiros.
A Coruña: encontro literario na Libraría Carballido
Francisco Pillado: “O que chaman crise é un atraco das mafias financeiras”
Entrevista
de Montse Dopico a Francisco Pillado en Dioivo:
““Con todo, durante algún tempo, o sistema funcionou. As formigas -obreiras coma nós-, chegaron a crer que tamén pertencían á élite, que en calquera momento podían converterse en raíñas. Esa foi a nosa condena”. Este é un anaco do texto de Olivia Pena en Banqueiros, o libro que, coordenado por Francisco Pillado e a través das achegas de 21 dramaturgos e dramaturgas do país, trata de denunciar a gran estafa disfrazada de crise. A dos bancos. E de convidar as formiguiñas obreiras a non seguir a ser as perfectas escravas. Como cando miraban para outro lado cando parecía que todo funcionaba. Malia que sabían que xa había abusos, corrupción e mentiras. O volume contén textos de Roi Vidal, Fidel Vidal, Diana Varela, Vanesa Sotelo, Henrique Rabuñal, María Xosé Queizán, Gustavo Pernas, Olivia Penas, Xosé Manuel Pazos, Zé Paredes, Manuel Lourenzo, Lois Diéguez, Ánxeles Cuña Bóveda, Santiago Cortegoso, Marica Campo, Lino Braxe, Afonso Becerra de Becerreá, Vicente Araguas, Xosé María Álvarez Cáccamo e Marcos Abalde, ademais do limiar do propio Pillado. (…)”.



