O venres 8 de abril, ás 20:30 h., no Domus (Rúa Santa Teresa, 1) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, estréase o documental histórico Silenciadas, froito dun traballo de investigación de Aurora Marco e dirixido por Pablo Ces, con guión de ambos os dous e banda sonora de Pilo Sierra, Xacobe Lamas e Kiko Reimúndez. O acto está organizado pola Concellaría de Igualdade e Participación da cidade, dentro das actividades ao redor do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Este film, dunha hora de duración, destaca pola súa fondura e o estremecemento que producen as súas historias: vidas de numerosas mulleres que andaron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro, pezas fundamentais para a superviviencia daquel e que por defendelo, foron duramente represaliadas: cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio e incluso morte.
Arquivos da etiqueta: Domus
A Coruña: presentación de A ciencia no punto de mira
O venres 22 de outubro, a partir das 20:00 h., no Museo da Domus (rúa Santa Teresa, 1) da Coruña preséntase o libro de Jorge Mira A ciencia no punto de mira, publicado por Auga Editora. O acto contará coa presenza do autor, de Xosé Antonio Fraga, director dos Museos Científicos Coruñeses, e de Marcos Pérez Maldonado, director técnico da Casa das Ciencias.
A Coruña: tertulia científica con Marilar Aleixandre
Hoxe 18 de maio ás oito da tarde a Domus acolle un club de lectura científica dentro do ciclo Os luns con ciencia. No acto colabora o Museo Emilia Pardo Bazán. Durante a actividade presentarase unha selección de libros e autores relacionados coa ciencia. O acto estará moderado por Marilar Jiménez Aleixandre, narradora, poeta, tradutora e profesora de Didáctica da Bioloxía e Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela. Ás presentacións das obras correrán a cargo de Pedro Ángel Ramos García, José Manuel Sande e Xurxo Mariño.
Os Luns con Ciencia é unha actividade patrocinada por Caixanova. A entrada libre e gratuíta
A Coruña: conferencia de Jorge Wagensberg
Os Museos Científicos inician o ciclo de divulgación científica Os luns con ciencia. A primeira actividade terá como protagonista a Jorge Wagensberg, director da Área de Medio e Ciencia da Fundación “La Caixa”. Este cientifico abrirá o ciclo hoxe luns 9 de marzo ás 20:00 cunha charla titualada El gozo intelectual. A súa intervención tratará sobre o afán de saber e o pracer que este procura, expoñendo historias e reflexións do quefacer diario dun científico nos que xorden o estímulo, a conversa, a comprensión e a intuición nunha gran variedade de situacións. Presentará a Jorge Wagensberg o escritor Xavier Seoane. A cita é na Domus e a entrada é libre, até completar aforo.