No IES República Oriental do Uruguai de Vigo (Rúa Coutadas, 54).
Arquivos da etiqueta: Dragal
Os dragóns volven ao Pico Sagro
Elena Gallego: “Se noutras culturas teñen a Spiderman, por que non podemos ter nós a Dragal?”
Desde Xerais:
“Radio Nacional publicou unha entrevista de Rafa Cid a Elena Gallego Abad sobre Dragal IV, A estirpe do Dragón e toda a serie Dragal. A entrevista pode escoitarse lerse ou descargarse nesta ligazón.”
A Coruña: actividades literarias destacadas do sábado 1 e domingo 2
O sábado 1 de agosto comeza a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para o 1 e 2 de agosto:
Sábado 1
– 12:30 h. Inauguración da Feira. Pregón a cargo de Mercedes Queixas Zas.
– 19:45 h. Alfonso Vázquez Monxardín, Patricia Arias Chachero e outros autores presentan Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía, publicada pola Fundación Otero Pedrayo. Participa Víctor F. Freixanes.
– 20:30 h. Presentación de O viaxeiro radical, de Xerardo Quintiá, publicado en Galaxia. Participan, xunto ao autor, Olivia Rodríguez González e Carlos Lema.
Domingo 2
– 18:00 h. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz, organizado por Nova Galicia Edicións.
– 19:00 h. Presentación de A Normalização Linguística. Uma Ilusão Necessária, de Mário Herrero, publicado por Através. Participa no acto Afonso Mendes.
– 19:30 h. Elena Gallego Abad asina exemplares de Dragal e Sete Caveiras na caseta da Secretaría.
– 19:45 h. Manuel Blanco Desar presenta Galicia: Un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, publicado por Xerais. No acto estará acompañado por Justo Beramendi.
– 20:00 h. Presentación do libro-disco Sira e o robot. Adventures on Titan, de Mark Wiersma e Miguel Mosqueira, e ilustrado por Iván Sende, publicado por Xerais. Actividade musical na carpa infantil.
– 20:30 h. Presentación de Agosto de memoria e morte, de Xoaquín Fernández Leiceaga, publicado en Xerais, coa participación Lourenzo Fernández Prieto.
– 21:15 h. Presentación de Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, publicado en Xerais. No acto terá lugar unha conversa do autor con Manuel Bragado.
Elena Gallego Abad: “A miña experiencia como xornalista está sendo fundamental para difundir a miña obra literaria”
Entrevista a Elena Gallego Abad na Asociación Galega de Editores:
“(…) – Asociación Galega de Editores (AGE): Sempre quixeches ser escritora, Elena?
– Elena Gallego Abad (EGA): Debo confesar que si, que nesas ando dende que teño memoria. Os libros sempre formaron parte importante da miña vida. Dende ben cativa como lectora e nos últimos anos tamén como creadora. Recoñezo que, despois de varias tentativas que quedaron no caixón, xa case o descartara… Ata que xurdiu a historia de certo dragón e boteime a voar sobre as súas ás. (…)
– AGE: A literatura galega está chea de inspiracións míticas, de lendas que axudaron a conformar unha percepción histórica de Galicia e que moitos escritores utilizan e utilizaron para fabular sobre o país as súas xente. O dragón galego non oculta esa procedencia. É ese o motivo do seu éxito?
– EGA: Que teñen en común unha rapaza galega de doce anos e o seu avó xubilado de setenta, un produtor de cine, unha perruqueira, un experto en historia medieval, unha profesora de galego e un camareiro? Todos precisamos soñar. Cada lector de Dragal é diferente, e coido que o éxito da serie está, precisamente, nesa diferenza. Dragal é unha historia que, tecida dende ese universo máxico que temos en Galicia, gusta a todo tipo de públicos. Por iso continúa viva nos andeis das librerías, nos clubs de lectura e nas bibliotecas. (…)
– AGE: Malia os premios, os recoñecementos internacionais e a contrastada calidade de moitas das historias que escribides, a LIX, tamén a escrita noutras linguas, segue cargando co sambenito de xénero menor.
– EGA: Non concordo. Tamén hai quen pensa que escribindo en galego non se pode chegar a ningures. Considero que escribir en galego é unha oportunidade excepcional. Contar cun sistema literario propio permite que os creadores na nosa lingua academos unha visibilidade impensable fóra de Galicia, onde hai moitos máis factores en xogo… E milleiros de escritores invisibles que nunca atoparán quen lles publique.
– AGE: Un sistema literario propio e unhas editoriais que traballan tamén coa edición estendida. De que maneira pensas que beneficia aos lectores esa hibridación dos relatos?
– EGA: Neste momento Dragal está en pleno proceso de hibridación, unha experiencia totalmente nova para min e moi ilusionante. Mentres agardo polo resultado desta translación ao universo audiovisual, que aínda levará o seu tempo, o proxecto xa está servindo para difundir a existencia das miñas novelas. Se o desenvolvemento dun cómic, un videoxogo ou unha película reforzan a proxección dos libros, coido que ese salto ao universo audiovisual xa é beneficioso. (…)
– AGE: Escribir en galego é un risco ou unha oportunidade ?
– EGA: Escribir é un risco, en calquera lingua. Só quen escribe sabe das horas escuras que é preciso tirar fronte ao teclado, ás veces coa mente en branco. Só quen escribe sabe do seu traballo de documentación, non sempre recoñecido. Só quen escribe sabe da súa teima por conquerir a mellor historia e publicala. En canto á lingua utilizada, como xa expresaba anteriormente, para min escribir en galego supón unha oportunidade excepcional. (…)”
Dragal e Sete Caveiras, de Elena Gallego, no proxecto Nespanishbooks do ICEX
Desde Xerais:
“Os libros Dragal e Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad, forman parte do proxecto Newspanishbooks de Venda de Dereitos no Exterior logo de ser seleccionados polo ICEX.”
Elena Gallego Abad: “O dragón non ten cancelas”
Desde Xerais:
“O programa Un sitio á sombra, da Radio Galega, emitiu unha entrevista con Elena Gallego Abad sobre Dragal IV, A estirpe do Dragón e toda a serie Dragal. Pode escoitarse nesta ligazón entre o minuto 10 e o 31 e 30 segundos.”