Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Pontevedra: Vermú entre libros arredor de As obras póstumas, de Diego Giráldez
Vilagarcía, Cidade de Libro 2025. Actividades do 12 de xuño
Cartas de inverno, de Agustín Fernández paz, cumpre 30 anos con 125.000 exemplares vendidos
A Coruña: presentación de Onde nacen as bestas, de Pedro Feijoo
Lisboa: Carlos Callón presenta Vidas e historias LGBT da Idade Media
Compostela: presentación de Libro das contrarias, de Agustín Agra
A Coruña: presentación conxunta de Pandeireteiras e Cantareiras
Carlos Callón, profesor: “A persecución dos homosexuais non é de sempre, comeza nos últimos séculos da Idade Media”
Entrevista de Yago Gantes a Carlos Callón en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Que che levou a investigar sobre a realidade LGBT na Idade Media? Esperabas atopar o que descubriches?
– Carlos Callón (CC): Esta investigación foi unha descuberta que me tocou especialmente. Porque primeiro pensaba que só ía atopar críticas contra a homosexualidade, porque era o que tiña escoitado. Pero conforme fun lendo textos e máis textos, vin que o que se nos presentaba era un panorama máis diverso, con moitos ángulos ensombrecidos. Foi un gran combustible para seguir investigando.
– LVG: Afirmas no libro que nos primeiros anos da Idade Media a percepción da homosexualidade era distinta á actual. Como se explica esa diferenza?
– CC: Non podo dar unha resposta única. A Idade Media son mil anos de historia. E nese tempo houbo unha época onde a escolla do obxecto sexual non era decisiva até que no século XI aparece a palabra sodomía no concepto de pecado. E isto é moi interesante. Nos primeiros mil anos de historia do cristianismo nin existe o pecado do que hoxe podemos chamar homosexualidade. E chamoume moito a atención. Eu crieime nun colexio de monxas, nunha familia católica, e eu pensaba que era un pecado terrible. (…)”













