Desde o Concello de Carral:
“O poemario escrito conxuntamente por Sara Plaza e Baldo Ramos vén de ser elixido como a obra gañadora do 29º Premio de Poesía Concello de Carral. É a primeira ocasión no que o certame premia unha autoría dobre.
O premio está dotado con 3.500 € e a publicación da obra en Edicións Espiral Maior.
Dun total de 77 obras presentadas ao concurso, o xurado, por unanimidade, decidiu premiar Porcelana e chumbo pola súa voz elexíaca, grave e meditativa. Pon en valor que a escrita aparece como unha forma de acompañar a perda, a cegueira e a memoria moi presentes en todo o traballo. Destaca tamén a madurez expresiva, a densidade poética, as imaxes innovadoras que afondan nos grandes temas universais: a soidade, o paso do tempo e o valor do íntimo. Ademais o xurado quere salientar a orixinalidade que supón crear un poemario a dúas voces.
O xurado estivo constituído pola concelleira de Cultura, Isabel López, que exerceu de presidenta, as poetas Branca Trigo, Miriam Ferradáns e Modesto Fraga, e o técnico de Cultura e coordinador do certame, Carlos Lorenzo, como secretario con voz e sen voto. (…)
O acto de entrega do premio, así como a presentación da obra gañadora na pasada edición, Especies invasoras, de Branca Trigo, terá lugar o venres 5 de xuño na Casa da Cultura.”
Arquivos da etiqueta: Branca Trigo Cabaleiro
Compostela: presentación de Mundo Carne, de Branca Trigo
Presentación de Mundo Carne, de Branca Trigo, en Compostela
Pontevedra: Vermú entre libros. Branca Trigo e Octavia Russo conversan con Lara Dopazo
Vermú entre libros. Branca Trigo e Octavia Russo conversan con Lara Dopazo, en Pontevedra
Branca Trigo: “Gústame pensar nesa relación que hai entre o corpo e o baleiro”
Entrevista de Pilar G. Rego a Branca Trigo no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“No Mundo Carne amalgámanse o individual e o colectivo, a historia e a vida, a terra e o corpo. Este poemario, publicado por Malafera e ilustrado por Octavia Russo, abre na realidade unha ferida. Vomitei Deus, en edición bilingüe, é unha selección de poemas de Mundo Carne e dos seus libros anteriores con epílogo de Chus Pato. A entrevista pode verse aquí.”





