Desde
Xerais:
“O IES Pintor Colmeiro de Silleda dedicou unha aula a Agustín Fernández Paz, tal e como recolle o blog As Ferreiras.
“Agustín Fernández Paz esitvo connosco vía skype este pasado mércores 12/06/2013. E claro, inauguramos unha aula co seu nome. Nesta presentación explicamos como se desenvolveu a xornada.
O escritor agarimounos co seu saber, os seus libros, as súas películas e as súas vivencias. Para todos os que queirades ampliar a xornada vivida con el, podedes visitar o seu portal de internet, de certo que non vos arrepentiredes.
Esta será a última placa que colocaremos neste curso nomeando as aulas, e pensamos que cumprimos suficientemente coas expectativas previstas a principio de curso, cando se aventurou esta proposta do equipo de normalización.
Queremos agradecer a todos os escritores a súa presencia; estarán sempre connosco nos corredores do noso centro.” (…)”.
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
O Grove: presentación de Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida
O
sábado 22 de xuño, ás 20:00 horas, na Galería de Arte Besada (Rúa Concepción Arenal, 1) do Grove, preséntase Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, publicado en Xerais. No acto participan Carlos Besada, Ramón Nicolás, Luís Cochón, Xesús Alonso Montero e Manuel Bragado.
Rianxo: presentación de Do estigma á estima, de Valentina Formoso
O
sábado 22 de xuño, ás 12:00 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo, preséntase o libro Do estigma á estima, de Valentina Formoso, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Adolfo Muíños e Manuel Bragado.
Muxía: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez
O
venres 21 de xuño, ás 21:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Muxía, preséntase Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicada en Xerais. No acto, participan, xunto ao autor, Félix Porto, Manuel Vilar Álvarez e Alexandre Nerium.
Gondomar: presentación de As vidas de Nito, de Xabier Paz
O
venres 21 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Libraida (Rúa Rosalía de Castro, 13) de Gondomar, preséntase As vidas de Nito, de Xabier Paz, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Camiño Noia e Fran Alonso.
Pontevedra: presentación de As vidas de Nito, de Xabier Paz
O
xoves 20 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Paz (Rúa Peregrina, 29) de Pontevedra, preséntase As vidas de Nito, de Xabier Paz, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Antolina Fernández e Manuel Bragado.
Os fillos do mar revalida éxito co San Clemente
Desde
Sermos Galiza:
“Con Os fillos do mar (Xerais) Pedro Feijoo faise agora co Premio San Clemente de novela, outorgado por un xurado novel de mozos e mozas do ensino medio que recoñeceron canda el a obra de Arturo Pérez-Reverte, El tango de la guardia vieja en lingua española e a obra do grego Petros Márkaris, Liquidación final, como novela orixinal nas outras linguas.
Da obra de Pedro Feijoo destacou o xurado composto por trinta estudantes de distintos institutos, a entretida historia que narra, a facilidade da súa lectura e mesmo o humor que se recolle na escrita. Coa súa primeira novela, Pedro Feijóo pasou ao primeiro plano do mundo editorial e mesmo levou a que no noso panorama literario se volvera falar de best sellers. De Os fillos do mar publicáronse cinco edicións no primeiro ano e, singularmente, conseguiu a atención da editorial Planeta que apostou pola súa tradución ao español. A primeira edición agotárase en apenas cinco semanas. O autor ten xa rematada a segunda novela que sairá publicada no outono. (…)”
Coñécense todas as obras gañadores da IX edición do Premio Martín Sarmiento
Desde o blogue do Premio:
“Na Festa da Lingua celebrada o 17 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra, 8 de maio no colexio La Salle de Santiago, 15 de maio no Palacio da Música da Coruña e o 14 de xuño no colexio N. S. do Carme de Betanzos, fixéronse públicos os/as gañadores/as da IX Edición do Premio Frei Martín Sarmiento, nas seguintes categorías:
– 1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria:
María Solar e Xosé Tomás, como ilustrador; Vou ter un irmán!!!; Ed. Galaxia.
– 2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria:
Silvestre Gómez Xurxo; Ti non xogas!; Ed. Xerais.
– 3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria:
Anxo Fariña; A chave da Atlántida; Ed. Xerais, e Abraham Carreiro; Xoeliki; Ed. Sotelo Blanco.
– 4ª categoría: 1º e 2º de ESO:
Ledicia Costas e Pere Tobaruela; Mortos de ningures; Ed. Everest.
– 5ª categoría: de 3º e 4º de ESO e Bacharelato:
Xosé Henrique Rivadulla Corcón; O noso amor será eterno; Ed. Xerais.
– 6ª categoría: adultos:
Antón Riveiro Coello; Laura no deserto; Ed. Galaxia.”
Booktrailer de Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade perdida
Vigo: presentación de As vidas de Nito, de Xabier Paz
O
venres 14 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Rúa Pintor Lugrís, 10) de Vigo, preséntase As vidas de Nito, de Xabier Paz, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Iolanda Veloso e Manuel Bragado.