O
xoves 17 de marzo, ás 20:00 h., na Librería Arenas (Cantón Pequeno, 25) da Coruña, presentación de O cuadrilátero de Xoán Fuentes, publicado en Toxosoutos. No acto participarán, ademais do autor, Sergio Vences Fernández e David González Couso.
Arquivos da etiqueta: Editorial Toxosoutos
Santiago: presentación de A crise económica na época presente e a descentralización rexional, de Alfredo Brañas
O
mércores 16 de marzo, a partir das 20:00 h., presentación de A crise económica na época presente e a descentralización rexional, de Alfredo Brañas, publicado en Toxosoutos. Intervirán no acto Xosé Manuel Beiras, autor do limiar, Afonso Ribas e David González Couso. Crónica posterior en Galicia Hoxe.
Lugo: presentación de Cantos de docedume, de José Luís Calvo
O
venres 11 de marzo, ás 20:00 h., na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4) de Lugo, preséntase o poemario Cantos de docedume, de José Luís Calvo, publicado en Toxosoutos. Interveñen, acompañando ao autor, Isidro Novo e David G. Couso.
Santiago: presentación de Labirinto da memoria, de Euloxio R. Ruibal
O
mércores 2 de marzo, a partir das 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Labirinto da memoria, de Euloxio R. Ruibal, publicado en Toxosoutos. No acto participan, co autor, Xosé Luís Méndez Ferrín e David González Couso. Recollido en Galicia Hoxe.
Vigo: presentación de En defensa do poleiro
O
xoves 24 de febreiro, ás 19:30 h., na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27) de Vigo, preséntase o libro En defensa do Poleiro, publicado por Toxosoutos, libro colectivo, iniciativa da Plataforma en defensa do uso público e educativo do mosteiro de Celanova, que contou coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega e no que participaron máis de 60 escritores galegos. Intervirán: Alfonso Eiré, Anxo Angueira, Manuel Vidal Villaverde, Manuel Vilanova, Rafael Laso, Ramón Nicolás, Xesús Alonso Montero, Xosé María Álvarez Cáccamo e Xoán Carlos Domínguez Alberte (coordinador).
Santiago: presentación de A grafía dos mapas, de Lupe Gómez
O
xoves 24 de febreiro, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela, preséntase o libro A grafía dos mapas, de Lupe Gómez, publicado en Toxosoutos. No acto intervirán, acompañando á autora, Branca Novoneyra e David González Couso. Haberá unha actuación musical a cargo de Xabier Díaz e Guille Fernández. Entrevista en Galicia Hoxe coa autora.
Lugo: presentación de Lembranzas do Courel, de Jesús Alfonso Parada Jato
O
martes 15 de febreiro, a partir das 20:00 h., na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase o libro Lembranzas do Courel, de Jesús Alfonso Parada Jato, publicado en Toxosoutos.
Euloxio R. Ruibal: “Estamos secuestrados”
Entrevista
a Euloxio R. Ruibal en Galicia Hoxe:
“- Galicia Hoxe (GH): O texto non chegou a ser representado por unha decisión pouco cultural, senón máis política.
– Euloxio R. Ruibal (ER): É unha obra [Azos de esguello]que vai máis alá do que eu pensara. Loxicamente hai unha intencionalidade na súa escrita pero pertence a unha época na que a nosa sociedade estaba en plena convulsión. Acababamos de saír da ditadura e non estaban asentados os alicerces dunha sociedade que cambiou do día para outro. Nesta sociedade había lugar para todo tipo de picaresca. Naquel momento, empezaban os negocios fáciles e pequenas corruptelas. Non está baseada en ningún caso concreto senón en moitos casos e nos distintos poderes que daquela ían collendo as rendas: era xente nova, que nunca se dedicara á política, empresarios agresivos cun espírito e unha ideoloxía liberal que se presentaban a si mesmos como demócratas…. pero realmente había moita falsidade en todo iso. Empezaba a haber pola miña parte un desconcerto e un desencanto. Despois de sufrir unha ditadura, tiñamos esperanzas pero viamos que esas esperanzas empezaban a esvaecerse. Había poderes que comezaban a degradarse. A obra foi máis alá do que eu quixen. Molestou porque estaba tocando algunhas teclas incómodas. Loxicamente, a obra gañara un premio oficial e ía ser representada pero houbo xa por parte de dous directores intentos de desbotala dalgunha maneira sibilina. Desaparecera a censura pero foise renovando: agora segue a habela e practícase doutra maneira. Non era censura oficial pero había outros medios máis sutís para evitar que se chegase a representar. Eu sabía que non ía poder ser pero protestamos para poñelo a descuberto.”
Sober: presentación de Petroglifa. Poemas a Sober, de Xosé Lois García
O
sábado 22 de xaneiro, a partir das 19:00 h., na Casa da Cultura (Praza do Concello, s/n.) de Sober, terá lugar a presentación do poemario de Xosé Lois García Petroglifia. Poemas a Sober, publicado en Toxosoutos. Vía Fervenzas Literarias.
Palmeira (Ribeira): presentación de As deusas do calvario, de Francisco Antonio Vidal
O
venres 26 de novembro, a partir das 20:30 h., na Casa do Mar de Palmeira (Ribeira), a Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, o Ateneo Valle-Inclán, a Editorial Toxosoutos e o Concello de Ribeira presentan o libro As deusas do Calvario, de Francisco Antonio Vidal, nun acto no que estarán presentes o autor; o socio de Barbantia Xesús Laíño; a representante do Ateneo Valle-Inclán, Rosa García Pose; e mais o alcalde de Ribeira, José Luís Torres Colomer.