Ramil (Agolada): Festa do Solsticio de Inverno

“O mércores 21 de decembro, na Eira da Xoana, en Ramil (Agolada), terá lugar unha nova edición da Festa do Solsticio de Inverno. O programa é o seguinte:
– 17:00 h. Encontro na Eira. Para elaboración de fachos.
– 17:45 h. Subida ao Cotón dos fogos. Acto de despedida ao Sol que se fará simultaneamente con outros grupos que estarán situados en lugares destacados da contorna. Os grupos confirmados que van participar son: “Bico da Balouta” e “Buxaina da Ulloa.”
– 18:30 h. Queima do Tizón. Facendo lume novo que queima o ano vello que remata.
– 19:30 h. Acto literario. Entre outros, presentación por Anxo Moure do libro O Rei da Floresta, de Curra Figueroa.
– 20:30 h. Cea e actuacións. Coma no ano anterior temos confirmada a presencia de Mini e Mero.

NOTAS:
1.- Para a cea traede a vosa comida e algo máis para agasallar aos demais.
2.- Como noutras ocasións nós poñeremos queixo elaborado por Chus, marmelo e café. Aportación solidaria 2 € soci@s e 3 € non soci@s.”

Ramil, A Golada: presentación de Madeira de mulher, de Adela Figueroa

O sábado 2 de abril, ás 16:30 h., na Eira da Xoana (Ramil, A Golada, Pontevedra), preséntase a colectánea de relatos Madeira de mulher, de Adela Figueroa Panisse, publicada en Edicións do Castro. O acto será presentado polo poeta Xosé Luís Otero Cebral, acompañado polo músico Benxamín Otero.