Desde El Progreso:
“(…) Sinala Costas que, no circuíto galego, os premios resultan un «cambio radical» e que un recoñecemento coma o Nacional de Literatura Infantil que ela acadou por Escarlatina, a cociñeira defunta é un «auténtico terremoto». Un sismo que está a erguer a xeración Escarlatina trinta anos despois da xeración Lamote.
Recén chegada do Salón del Libro de Madrid, esta autora que deixou a avogacía hai dous anos para dedicarse enteiramente á escrita —«e iso que din que en Galicia non se dá vivido da literatura»— asegura que a percepción desde fóra é inmellorable. «Dinme cousas como: ‘Vaia racha que levades en Galicia!’», comenta. (…)
E de que fonte mana o talento? Ao achegarse á obra de Costas e de Elena Gallego Abad é sinxelo recoñecer a tradición oral e a historia de Galicia. No caso de Escarlatina, están aí as celebracións de Defuntos, o tempo no que os mortos viaxan ao mundo dos vivos —ou era ao revés?—, mentres que Dragal fala da simboloxía románica dos dragóns e da linguaxe indescifrable dos códices medievais. Non porque Elena Gallego sexa especialmente seareira da fantasía, senón porque quería que o seu fillo «quedase atrapado nas páxinas dun libro escrito en galego, coa súa pinga de maxia». (…)
Sabela González Panizo é tamén tradutora e secretaria da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) e está certa de que existe certa camaradería entre as autoras galegas mesmo nos casos nos que non se coñecen en persoa. «Lémonos e apoiámonos», enfatiza. Concorda Gallego, quen celebra a utilidade das redes sociais, malia que ela lamenta non poder estar «ao día de todo o que se publica».
Na nova LIX galega as mulleres son máis. Costas celebra o feito, pero —deformación profesional— fai de avogada das silveiras: «E non haberá quen pense que é así porque é un xénero menor?», pregunta, ao tempo que aprecia que nos andeis de narrativa sen apelidos —a de (disque) adultos— seguen a mandar os homes. (…)”
Arquivos da etiqueta: El Progreso
Antonio Reigosa: “Fixemos o libro porque non había poesía de mouras ou encantos”
Manuel Rivas: “A escrita é desposuírse para que naza algo novo”
Manuel Portas: “A división do nacionalismo galego non é nova, xa vén de vello”
Antonio Tizón: “Escribín sobre a bipolaridade, pero foi máis raro dar clases de biónica”
Antonio Tizón: “O libro é unha mistura de amor, loucura e morte, autobiográfica e en tono de novela negra”
Entrevista a Beatriz Maceda en El Progreso
Henrique Alvarellos: “Non dou ultimatos, pero lamentaría a falta de lealdade e o desamor”
As Pontes: escritor@s galeg@s inaugurarán a alameda literaria do IES Castro da Uz
Desde El Progreso:
“Tras doce anos de traballo e paciencia, mentres as árbores trepaban cara o ceo e os alumnos ían cambiando, o IES Castro da Uz pontés inaugurará o 18 de xuño, a partir das 11:20 horas, a súa alameda literaria das árbores celtas, un espazo cheo de maxia no que cada árbore cobra vida en homenaxe a un escritor galego. Media ducia deles, con nomes tan destacados no panorama literario como Manuel Rivas ou Helena Villar Janeiro, estarán presentes nun día para o recordo do centro educativo.
«Dende hai anos, o alumnado leva a cabo unha gratificante pero dura e intensa actividade, unha aventura que comenzou como un xogo», rezaban as cartas que permitindo «o gran atrevemento» se enviaron dende o centro aos escritores que forman parte dun proxecto que foi evolucionando ata converterse na actual alameda literaria.”