Desde Fervenzas Literarias:
 Fervenzas Literarias:
“O venres 11 de agosto a partir das 12:00 h., no Castelo da vila ourensá de Castro Caldelas, a Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya (FEGALCAT) fará entrega dos seus premios Alecrín 2017. Estes premios, que entrega anualmente a FEGALCAT dende o ano 2010, recoñecen o labor de persoas e entidades destacadas en prol de diferentes eidos da sociedade, como a comunicación, o deporte, a música ou as letras do país. E neste último apartado é onde este ano serán recoñecidos dous persoeiros moi vencellados á literatura: Olegario Sotelo Blanco e Armando Requeixo.
Olegario Sotelo Blanco recibirá o Alecrín no eido da Promoción Cultural. Sotelo Blanco naceu en Quintela de Mazaira (Castro Caldelas). Empresario, editor e escritor, emigrou a Barcelona a comezos dos anos sesenta. Creou as editoriais Sotelo Blanco e Ronsel. Presidiu o Centro Galego de Barcelona e no ano 2005 regresou a Galicia.
Pola súa banda, Armando Requeixo foi merecedor do Alecrín no eido da Crítica e Investigación Literaria. Crítico literario, investigador e tradutor, ten no seu haber varias distincións polo seu labor. Colabora con distintos medios de comunicación e publicacións dixitais.
Entre o resto de premiados tamén faise necesario destacar o premio Alecrín no eido da arte a Xosé Vizoso, creador de múltiples portadas de libros; e o Alecrín á institución cultural ao Museo do Pobo Galego.
O resto de premiados son: Banda de gaitas Los Trabazos (Alecrín á Memoria Musical), Bodegas Valcar (Alecrín no eido empresarial), José Manuel Parada (Alecrín no eido da Comunicación), A Galaica do Centro Galego (Alecrín no eido do deporte), Guadi Galego (Alecrín da música), Manola e Agapito Vila (Alecrín no eido da etnografía) e Miguel Ángel García (Alecrín no eido da corresponsalía xornalística).
Ao remate, haberá un Xantar de Irmandade (prezo 25 €). Máis info sobre este xantar no teléfono 606 504 278.”
Arquivos da etiqueta: Fegalcat
Barcelona: acto conxunto Galicia na voz dos poetas, no Ajuntament de Barcelona
O  sábado
sábado  14 de maio, ás 20:00 horas, no Saló de Cent do Ajuntament de Barcelona, Xesús Rábade Paredes, Helena Villar Janeiro e Pura Salceda participarán no acto conxunto Galicia na voz dos poetas, nun acto institucional organizado pola Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya (Fegalcat), coa colaboración do Ajuntament.
14 de maio, ás 20:00 horas, no Saló de Cent do Ajuntament de Barcelona, Xesús Rábade Paredes, Helena Villar Janeiro e Pura Salceda participarán no acto conxunto Galicia na voz dos poetas, nun acto institucional organizado pola Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya (Fegalcat), coa colaboración do Ajuntament.
 
							
