Compostela: presentación de Miño. Antoloxía do relato galego actual

Rianxo: actividades dos 23, 24 e 25 de xullo na Feira do Libro 2022

Entrevista a Xesús Rábade Paredes en Radio Ateneo

Entrevista a Xesús Rábade Paredes en Radio Ateneo:
“Xesús Rábade Paredes nace en Seixas, parroquia do concello de Cospeito, na Terra Chá luguesa. Estudou Letras na Universidade de Santiago e foi profesor de galego no ensino medio. Ademais de todo isto é poeta, narrador e estudoso da lingua, recibindo numerosos premios polas súas publicacións, como o Premio Galicia, o Premio Esquío ou o Premio Blanco Amor de novela longa. Vén de publicar, da man de Editorial Galaxia, un libro que reflicte as memorias da súa vida, titulado A luz co tempo dentro. A entrevista pode escoitarse aquí.”

Xesús Rábade Paredes: “Non existe a realidade, existen as realidades”

Entrevista a Xesús Rábade Paredes no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Revisar a memoria propia non é sen dúbida un proceso doado e nin tan sequera ten que ser un proceso cronolóxico. O poeta Xesús Rábade Paredes revisa a súa memoria e, con ela, revisa a memoria dun tempo e dunha xeración, desde a lingua ata a literatura, máis alá do persoal no seu libro A luz co tempo dentro. A entrevista pode verse aquí.”

Vilalba: actividades do 3 de xuño da Feira do Libro 2022

Compostela: actividades do 7 de maio da Feira do Libro 2022

Caldaloba: I Magosto Cal da Loba, o 23 de outubro

Helena Villar Janeiro: “Comecei a escribir nos Ancares, alumeando con carburo polas noites”

Entrevista a Helena Villar Janeiro en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Como comezou a súa paixón polo mundo literario?
– Helena Villar Janeiro (HV): Meu pai falaba moito de literatura, era un gran coñecedor. Eu recitaba cousas con el. Quería que fose xornalista e miña nai, secretaria. Por ela aprendín a escribir a máquina, para compracela. Como non tiña máquina, poñía o teclado pintado no cu dunha cadeira.
– LVG: E cando empezou a escribir?
– HV: Na universidade máis que literatura estudei a súa historia. Pasoume en Lugo e tamén en Santiago. Daquela era lectura forzada da que saquei pouco. Cando comecei a ler por libre atrevinme coa poesía. Lía a Juan Ramón Jiménez. Por el comecei a escribir, aló por 1968. Foi en Vilar de Cancelada, nuns tempos nos que non había luz. Alumeábamos con carburo para dar unhas clases de noite aos rapaces que o necesitaban. Comecei a escribir nun caderno o que vivía nos meus días, pero sen maiores pretensións. Falaba tamén da paisaxe, que me influenciou moito. A terra é o que máis me gusta, prefíroa a un museo. Cando me din de conta tiña xuntos uns cantos poemas. Estaban en castelán porque aínda non tiña adquirido o galego como lingua de cultura, era só a lingua de comunicación. (…)
– LVG: Atopouse con moitas pedras no camiño por ser muller?
– HV: Tiven a sorte de nacer desexada muller, meu pai quería cativa polas consecuencias da represión franquista. El era un feminista sen sabelo e falábame de moitas mulleres. Ao seu lado foi fácil estudar porque mo permitiu. Fíxome autónoma e libre. Iso si, non tiña moitas mulleres ao lado ás que seguir nin coas que estar no plano intelectual.
– LVG: Que figuras a marcaron como muller?
– HV: O meu home axudoume moito, a entender que eu tiña que facer cousas. A partir de aí fun rompendo barreiras, non sufrín moitísimo castigo, pero hai episodios que me pasaron moi desagradables que seguro a un home non lle pasarían. Non podo dicir que a vida das mulleres fose doada, pero eu planteille cara.
– LVG: Cal foi a situación machista máis evidente?
– HV: Cando casamos, comezamos unha colaboración xuntos. Estivemos separados un ano e escribiámonos cartas. Delas saíu un libro. Iso escandalizou, e pensaban que el era un señor xeneroso que lle deixaba escribir á muller catro poemas, que el escribía outros 60 e que me deixaba firmar o libro. Chegáronmo a dicir, e a deixarme fóra moitas veces.”