O
mércores 6 de xuño, ás 20:00 horas, na Librería Cronopios (Rúa Frei Juan de Navarrete, 5, baixo) de Pontevedra, Francisco Castro pronunciará a conferencia O escritor náufrago (por que escribo?). O acto será presentado por Carlos Fontes.
Arquivos da etiqueta: Francisco Castro
Pontevedra: presentación de O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro
O
xoves 31 de maio, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (Rúa de Oliva, 24), preséntase o libro O neno can, con textos de Fina Casalderrey e Francisco Castro, publicado en Galaxia. No acto, xunto aos autores, participa Víctor F. Freixanes.
A Coruña: presentación de Chamádeme Simbad, de Francisco Castro
O
martes 29 de maio, ás 18:00 horas, na Biblioteca Ágora da Coruña (Rúa Ágora, s/n.), preséntase o libro Chamádeme Simbad, de Francisco Castro, publicado en Galaxia. No acto estará acompañado por Eva Vieites e Xavier Campos.
A Guarda: sinatura de libros de Francisco Castro
O
domingo 27 de maio, a partir das 18:00 horas, na Feira do Libro da Guarda, Francisco Castro asinará exemplares das súas obras.
O Porriño: presentación de A princesiña que conducía unha locomotora, de Clara do Roxo
Santiago: presentación de O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro
O
mércores 16 de maio, ás 12:30 horas, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela (Avenida Xoán XXIII, s/n), preséntase o libro O neno can, con textos de Fina Casalderrey e Francisco Castro, publicado en Galaxia. No acto, xunto aos autores, intervirán Víctor F. Freixanes e Manuel Sández Macho.
V Premio Literario Escolar Novacaixagalicia
Desde
o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás:
“Tiven, outra vez máis, a fortuna de participar no xurado Premio Literario Escolar Novacaixagalicia que se fallou o 10 de maio e que deliberou arredor de case catrocentas propostas literarias provenientes dos últimos anos da primaria, ESO e Bacharelato. Como todos os anos resulta para min unha ocasión magnífica que constata, por unha banda, que hai moita mocidade que escribe e que o fai moi ben e, pola outra banda, testemuña a existencia de novas xeracións que han vir, en ben pouco tempo, a sumarse con eficiencia e talento ao noso sistema literario. Oxalá sexa así. Galardóns coma este, ao meu ver, son moi necesarios e sería doloroso que desaparecesen. Deixo aquí a información oficial sobre a convocatoria e premiados: parabéns a todos eles!
O xurado do V Premio Literario Escolar Novacaixagalicia reuniuse esta mañá en Vigo para acordar os nomes das alumnas e alumnos gañadores deste galardón. Finalmente, a lista de premiados foi a seguinte: na modalidade de bacharelato, o premio recaeu en Alfonso Francisco Traficante Fernández, do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela (profesor: Manuel Maseda Deán); na de segundo ciclo de ESO, a premiada foi Leticia Álvarez Teruelo, do CPI Tomás Terrón Mendaña de Carballeda de Valdeorras (profesora: María Blanco Crespo); na de primeiro ciclo de ESO, o galardón foi para Daniel Alonso Lorenzo do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense (profesora: Marina Iglesias Iglesias); e na de terceiro ciclo de primaria, a gañadora foi Silvia Dorila de Diego Millarengo, do CEIP de Maciñeira en Neda (profesora: M.ª Rosa Piñeiro Grandal). O xurado estivo composto polo escritor Francisco Castro, que actuou de presidente; pola escritora Beatriz Fraga; a poeta Dores Tembrás; o crítico literario Ramón Nicolás; e o escritor Álvaro Otero. O prazo de presentación dos traballos para o Premio Literario Escolar Novacaixagalicia, no que podían participar todos os alumnos e alumnas de Galicia que estivesen cursando terceiro ciclo de primaria, eso ou bacharelato, estivo vixente desde o mes de febreiro ata o día 13 de abril. Nestes dous meses e medio en que se abriu a recepción de escritos inéditos e orixinais, chegaron ás oficinas de Novacaixagalicia 371 obras, o cal constata o éxito de participación deste premio literario.”
Vigo: presentación de A princesiña que conducía unha locomotora, de Clara do Roxo
O
martes 15 de maio, ás 20:00 horas, en Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase o primeiro libro de Clara do Roxo, A princesiña que conducía unha locomotora, publicado en Galaxia. No acto a autora estará acompañada por Francisco Castro e Ledicia Costas.
Vigo: mesa redonda A familia na literatura infantil e xuvenil
O venres 11 de maio, ás 16:00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, terá lugar unha mesa de editores no marco das II Xornadas Internacionais de Crítica e Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil, coa participación de Manuel Bragado, Xosé Ballesteros, Nati de la Puerta e Francisco Castro.
Vigo: obradoiro de escrita creativa a cargo de Francisco Castro, os 14, 21 e 28 de maio
A
Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza un obradoiro de escrita creativa os luns 14, 21 e 28 de maio, de 19:00 a 21:00 horas, na Biblioteca Central (Joaquín Yáñez, 6), impartido por Francisco Castro. O número de prazas é 16, e as inscricións pódense facer chamando ao teléfono 986-810281 de 9:00 a 13:00 horas.
Está dirixido a persoas adultas ás que lles gusta escribir. Neste obradoiro, gratuíto, concebido dende unha perspectiva lúdica e moi participativa, quen acuda terá a oportunidade de plasmar sobre o papel a ampla experiencia que dan os anos e a memoria, e de converter as súas vidas en literatura. Todas as persoas que participen terán a ocasión de, dende o primeiro momento, escribir poemas, relatos, contos… sempre en actividades moi sorprendentes.
