Desde o mércores 9 ao mércores 30 de novembro, na Casa Museo María Pita (Rúa Herrerías, 28) da Coruña, con horario de martes a sábado, de 10:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 20:00 h., domingo, de 10:30 a 14:00 h. (luns pechado), e dentro do Outono fotográfico 2011, poderase visitar a exposición Le monde habité, coa fotografía de Gustavo García Roig e a poesía de François Davo. A inauguración terá lugar o mércores 9 de novembro, ás 20:00 horas, e, dentro dela, terá lugar un recital poético do propio autor.
Arquivos da etiqueta: François Davo
Santa Cruz, Oleiros: recital poético-musical na inauguración de Enarborar o bosque
O luns 22 de agosto, a partir das 20:00 horas, no Castelo de Santa Cruz (Oleiros), terá lugar a inauguración da exposición Enarborar o bosque, na que se recollen os traballos feitos durante a xornada de Arte Reivindicativa ao Aire Libre na Carballeira de Chaián, o 5 de Xuño de 2011, formada por pintura, fotografía, escultura e escrita. Dentro dela terá lugar un recital poético-musical, no que participarán: Chelo Suárez, Francisco X. Fernández Naval, François Davo, Helena Villar Janeiro, Iolanda R. Aldrei, Lourdes Maceiras, Marina Cocós, Miguel Melero, Natalia Margalejo, Ramiro Torres e Xesús Rábade, e o poeta e músico Mou de Lugh, que acompañará os poetas cun hang drum. A exposición, que se poderá visitar até o 31 de agosto, e na que participan un total de 59 artistas, está organizada polo Colectivo Arteu.
A Coruña: presentación de Elos, de Paula Gómez del Valle, François Davo, Txiki Calvo e Rodrigo Varela
O xoves 2 de xuño, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga, 10, 1º) da Coruña, preséntase o libro Elos, con fotografías de Paula Gómez del Valle, poemas de Txiki Calvo, François Davo e Rodrigo Varela, e prólogo de Tati Mancebo, publicado en Edicións Morgante.
A Coruña: VII Encontros Milpedras, recital simultáneo de poesía, música e fotografía
O venres 8 de abril, ás 21:00 h., no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, terá lugar a VII edición dos Encontros Milpedras, que contará coa participación poética de Natalia Concheiro, François Davo e Charo Pita, en paralelo á intervención musical de Karlos Barral e a proxección de fotografías de Paula Gómez del Valle.
Vídeo do I Encontro Milpedras, en xullo do 2010 na Coruña
Este é o vídeo do recital de poesía, música e pintura, I Encontro en Milpedras, acontecido o 23 de xullo deste ano na Coruña:
Desde O Levantador de minas.
A Coruña: Encontros en Milpedras, recital de poesía, música e pintura en directo
Este venres 23 de xullo, ás 20:30 h., desenvolverase no Taller de Litografía Milpedras, na rúa Brasil, nº 3, baixo, da Coruña, a primeira edición de Encontros en Milpedras, unha proposta para unir en diálogo libre, ao vivo e en directo, poesía, música e artes plásticas. Actuarán recitando poemas Xoán Abeleira, Pedro Casteleiro, François Davó e Ramiro Torres, co músico Dúbi Baamonde e o artista plástico sirio Ali Ali.