Melide: II Feira do Libro no Camiño de Santiago

Programa da feira:

SÁBADO, 1 DE AGOSTO
10.30 h.. Inauguración da II Feira do Libro Camiño de Santiago
11.30 h. Actuación da agrupación A Maristela
12.00 h. Pregón a cargo de Yanelis Velazco Fajardo
13.00 h. Conferencia de Carmen Blanco: Rosalía escritora, integral, polifónica, universal
17.30 h. Apertura da feira
17.45 h. Pregón para rapaces e rapazas con Heidi Kühn-Bode
18.00 h. Obradoiro de teatro para rapaces e rapazas con Heidi Kühn-Bode
18.30 h. Entrega de premios do II Concurso de Artes Plásticas-Melide 2009
19.30 h. Títeres Cachirulo: Do, Re, Mi, Mozart xoga aquí
21.15 h. Sorteo de libros
22.30 h. A compañía de teatro Volta e Dálle representa a obra Pan, catro propostas arredor da malla. Este espectáculo é para adultos. Lugar praza do Convento.

DOMINGO, 2 DE AGOSTO
10.30 h. Apertura da feira
12.00 h. A escritora melidá Inma López Silva asinará libros da súa autoría na carpa da feira
13.00 h. Conferencia de Santiago Jaureguizar: Todo o que sempre quixo saber sobre a literatura e que ninguén lle contou
17.30 h. Apertura da feira
17.30 h. Obradoiro de ilustración con Marisa Irimia
19.00 h. Encontro co escritor e investigador melidao Carlos Parrado, autor do libro: Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco
20.00 h. Presentación do libro A terra do medio, do escritor melidao Xosé Vázquez Pintor
21.15 h. Sorteo de libros
21.30 h. Peche da feira cun recital de poesía e música co poeta Juan Carballo: A casa do poeta

Feira do Libro de Vigo: programa do martes 14 de xullo

18.00 Actividades para nenos: Teatro de monicreques: Tío Miseria / Rei, Rei? a cargo de Ignacio Vilariño.
19.30 Presentación do libro Tres mulleres do seu tempo, de Heidi Kühn Bode, publicado por Baía Edicións. Xunto coa autora, participará no acto Patricia Gómez Uzal, representante da editorial.
20.00 O escritor Moncho Borrajo asinará exemplares do seu libro Gatos, publicado pola Editorial Ir Indo.
20.30 A Editorial Galaxia presenta o libro A cociña de larpeiros, do xornalista Benigno Campos.

Feira do Libro de Vigo: programa do domingo 12 de xullo

13.00 Contacontos: Historias dende o planeta Jijó, a cargo de Marisa Irimia.
13.00 A escritora Irene Castelos Cortizas asinará exemplares do seu libro Pesadillas al anochecer
18.00 Actividades para nenos: Historias da fraga encantada. Fátima e Servando.
19.00 Animación á lectura. Teatro para actores e actoras arredor do libro Falou un queixo da escritora Heidi Kühn-Bode, publicado pola Editorial Galaxia.