O xoves 7 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 20:00 h. Sinatura de A cacería, de Amadeo Cobas, publicado por Xerais, na caseta da secretaría da feira.
– 20:30 h. Presentación Horizonte de sucesos, de Anxo Fariña, publicado en Xerais. No acto estará acompañado por Manuel Bragado.