O
martes 17 de maio, ás 19:00 horas, na sede do Instituto Cervantes en Tokio, actuará o colectivo artístico Tender a man, unha atractiva proposta de fusión de poesía, música en directo e danza contemporánea que integran os músicos Isaac Garabatos e Jesús Andrés Tejada, a cantante Mónica de Nut, a bailarina Branca Novoneyra e a poeta Yolanda Castaño. O espectáculo multidisciplinar abrirase cunha interpretación de textos de Lois Pereiro, e continuará máis adiante co repertorio propio do grupo, apoiado nos textos de Yolanda Castaño. Durante o recital poderanse seguir traducións ao castelán e ao xaponés dalgúns dos poemas, no que será unha ocasión histórica de celebración da literatura galega no Xapón. Na actividade colaboran a Dirección General del Libro, Archivos e Bibliotecas do Ministerio de Cultura, a Embaixada de España en Tokio e o propio Instituto Cervantes.
Arquivos da etiqueta: Isaac Garabatos
Pontevedra: presentación do libro-obxecto Cántico dos topónimos esdrúxulos, de Xosé María Álvarez Cáccamo
O xoves 17 de febreiro, ás 20:00 h., no Auditorio da Fundación Caixa Galicia de Pontevedra, nun acto organizado polo Ateneo desta cidade, preséntase o libro-obxecto Cántico dos topónimos esdrúxulos, de Xosé María Álvarez Cáccamo. Acompañarán ao poeta o editor, Miguel Anxo Fernán-Vello, o arqueólogo Xosé Lois Vilar e o grupo musical Xardín desordenado, composto por Santiago Ferragud (voz, guitarra), Marlene Rodrigues (voz) e Isaac Garabatos (guitarra). Máis información en Galicia Hoxe.