Arquivos da etiqueta: Libraría Carballido A Coruña
A Coruña: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O martes 30 de decembro, ás 19:30 horas, na Libraría Carballido (Avenida dos Caídos, 4) da Coruña, preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. O acto, no que estará presenta o propio autor, está enmarcado na ruta Da Gaiteira a Monte-Alto. A viaxe ao Gran Sol sen saír da Coruña. Haberá toques de corna e música de acordeón.