A Coruña: presentación de Pasen e miren, de María Canosa

OMaría Canosa sábado 20 de setembro, ás 12:00 horas, na Librería Cascanueces (Rúa Cordonería, 10) da Coruña, preséntase Pasen e miren, de María Canosa, con ilustracións de Dani Padrón, publicado por Bululú. No acto, xunto a autora e ilustrador, participa Pablo Zaera.

A Coruña: obradoiro Xeitos de ler, impartido por Dores Tembrás

Durante os meses de maio, xuño e xullo de 2012, os martes entre as 18:00 e as 20:00 horas, desenvolverase na Librería Cascanueces da Coruña o obradoiro de poesía Xeitos de ler, dirixido por Dores Tembrás. Máis información, horarios, prezo, matrícula…..no seguinte contacto:
LIBRERÍA CASCANUECES
Rúa Cordonería, 10, baixo – 15001, A Coruña
Teléfono: 881887939
Correo electrónico: eltallerdelcascanueces@zaerasilvar.es

A Coruña: obradoiro Todo nada poesía, impartido por Antía Otero

Durante os meses de maio, xuño e xullo de 2012 desenvolverase na Librería Cascanueces da Coruña o obradoiro de escrita Todo nada poesía, dirixido por Antía Otero:
“Se che interesa a escrita, as marxes e o centrifugado poético podes matricularte xa no obradoiro.
Máis información, horarios, prezo, matrícula…..no seguinte contacto:
LIBRERÍA CASCANUECES
Rúa Cordonería, 10, baixo – 15001, A Coruña
Teléfonos: 881887939 // 630582850
Correo electrónico: eltallerdelcascanueces@zaerasilvar.es

Arrancamos en maio e hai límite de prazas!!!”

A Coruña: obradoiro Todo nada poesía, dirixido por Antía Otero

Todos os mércores, de 18:00 a 20:00 horas, a partir do 2 de febreiro, e até o mes de abril, na Librería Cascanueces (Rúa Cordonería, 10, baixo) da Coruña, terá lugar o obradoiro Todo nada poesía, dirixido por Antía Otero. Este obradoiro de creación literaria/artística trata de achegar aos participantes ao entramando poético dende unha visión actual e contemporánea. No proceso aportaranse chaves que axuden a escoitar e mirar dende o aquí e o agora da cotidianidade, do inmediato, do pequeno… facendo pé na grandeza do poético. Para matricularse e ter máis información, pódese chamar ao teléfono da Librería, 881887939, ou no correo eltallerdelcascanueces@zaerasilvar.es