Vigo: actividades destacadas do venres 10 de xullo na Feira do Libro

OFeira do Libro de Vigo 2015 venres 10 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Rúa Progreso, xunto ao MARCO), con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para este día:

19:00 h. Na caseta de Librouro, Luís Davila asina exemplares do libro O bichero.
19:45 h. Presentación do libro Pequenas historias para falar de emocións e sentimentos, publicado por Galaxia. Participarán no acto Xulia Fernández Rodríguez, Victoria Pérez, Rosa Gayoso e Francisco Castro.
20:00 h. Ramón Trigo asinará exemplares de Leviatán e outros libros seus na caseta de Libros para soñar.
20:00 h. Afonso Eiré asinará o libro O Piloto. O último guerrilleiro na caseta da Libraría Andel.
20:30 h. Xosé María Álvarez Cáccamo presenta As últimas galerías, publicado por Galaxia. Participarán no acto, xunto ao autor, Rexina Vega e Víctor Freixanes.

A Coruña: presentación de O dragón Pepón

Dirixido a nenas e nenos entre 3 e 6 anos. Nesta ocasión é preciso confirmar asistencia, xa que para participar nesta actividade hai límite de prazas (Libros para Soñar, Avenida de Fisterra, 64, teléfono 881-922447, e correo electrónico lpscoruna@kalandraka.com).

A Coruña: inauguración de Libros para soñar

O venres Libros para soñar30 de setembro, a partir das 18:00 horas, e con entrada libre até completar capacidade, inaugúrase Libros para soñar na Coruña (Avenida de Fisterra, 64). Trátase dunha libraría especializada en Literatura Infantil e Xuvenil que conta tamén cun lugar de lectura e cunha sala para realizar sesións de contacontos, obradoiros infantís de plástica e de escrita creativa, cursos de formación para mediadores e profesionais do ensino, e exposicións de ilustracións orixinais co obxectivo de inculcar a sensibilidade estética necesaria para apreciar o traballo dos artistas plásticos nos libros. O acto de inauguración, no que vai participar o equipo de animación á lectura de Kalandraka, xunto con varios autores e ilustradores, consistirá nunha sesión especial de contos e música, aberta ao público. O ilustrador Pablo Otero -ourensán afincado na Coruña- protagoniza a primeira mostra do novo espazo: as imaxes do álbum Contos por teléfono, un libro de relatos do escritor italiano Gianni Rodari, e que se poderá visitar até finais do vindeiro mes de outubro.

Vigo: presentación de O meu gato é un poeta, de Fran Alonso e Xurxo Souto

O venres 13 de maio, ás 18:30 horas, Fran Alonso e Xurxo Souto presentan na Librería Libros para Soñar na (Rúa Triunfo, 1) de Vigo o espectáculo poético musical O meu gato é un poeta, dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos e tamén, por suposto, a adultos. Durante a sesión, a poesía convertirase en maxia, música e en xogo, e soará o acordeón. O espectáculo está baseado no libro dos autores publicado en Xerais.