A Coruña: presentación de Catro décadas. Poesía 1983-2023, de Xosé María Álvarez Cáccamo

O 14 de xaneiro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22), na Coruña, preséntase a antoloxía bilingüe de Xosé María Álvarez Cáccamo Catro décadas. Poesía 1983-2023, publicada pola Editorial Dilema. No acto participan, xunto ao autor, Luis Suñén e Baldo Ramos.

A Coruña: presentación de Como néboa que entra, de Luis Suñén

O 3 de novembro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, preséntase Como néboa que entra, de Luis Suñén, antoloxía bilingüe castelán-galego editada por Medulia. A selección e tradución foi responsabilidade de Xosé María Álvarez Cáccamo. Intervirán no acto o autor, o tradutor, o escritor Xavier Seoane e o director da editorial Medulia, Xulio Valcárcel.