Pontevedra: actividades do mércores 15 na Feira do Libro

OFeira do Libro de Pontevedra 2015 mércores 15 de abril continúa a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa: Feira do Libro de Pontevedra 2015:

18:00 h. Contacontos de Miguel Ángel Alonso Diz arredor dos libros de Nova Galicia.
18:45 h. Lectura pública de libros de Fina Casalderrey e sinatura de libros.
20:00 h. Manuel Portas presenta o seu libro Amor en alpargatas, publicado por Edicións Xerais. Acompáñano Susana Pedreira e Manuel Bragado.

Lugo: presentación de Funambulistas, de Mercedes Leobalde

OMercedes Leobalde venres 27 de marzo, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Lugo (Praza Maior, s/nº), terá lugar a presentación do libro Funambulistas, de Mercedes Leobalde, publicado en Xerais, que logrou o XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, organizado polo Concello de Lugo. No acto participan, xunto á autora, Carmen Basadre e Manuel Bragado.

Pontevedra: presentación de Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, de Antonio Reigosa

OAntonio Reigosa martes 17 de marzo, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9-11, a carón do Teatro Principal) de Pontevedra, preséntase Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, coordinado por Antonio Reigosa, editado por Xerais. No acto, coorganizado pola editora e o Ateneo de Pontevedra, participan, xunto ao autor, Poldo Cañizo Durán, Rafael Quintía, Calros Solla e Manuel Bragado.

Pontevedra: mesa redonda A literatura infantil de onte a hoxe. Fortalezas e debilidades

OXV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra sábado 14 de marzo, ás 19:00 horas, no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (no Pazo da Cultura), terá lugar unha mesa redonda sobre A literatura infantil de onte a hoxe. Fortalezas e debilidades, moderada por Paz Castro, coa participación de Blanca Roig Rechou, David Pintor, Xavier Senín, Romina Bal e Manuel Bragado. A entrada é libre.

Compostela: presentación de Atravesar o fantasma, de Carlos Callón

OCarlos Callón xoves 12 de marzo, ás 20:30 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase Atravesar o fantasma, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, que contará, xunto ao autor, coa participación de Fran Conde, Montse Dopico e Manuel Bragado, estrearase o videopoema O desexo está na pantalla, dirixido por Alberte Paz Calo e Alba Romero Diéguez, coas actuacións de Antón Blanco Casás e Luís Miguel Giménez Grende.

Pontevedra: presentación de Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor

O venres Xosé Vázquez Pintor6 de marzo, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (Rúa da Oliva, 22), terá lugar a presentación do libro Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola Galería, a editorial e o Ateneo de Pontevedra, participan, xunto ao autor, Xaime Toxo, Manuel Bragado e a cantora Begoña Lorenzo.