Entregados os Premios da Crítica Galicia 2015

Premios da Crítica Galicia 2015 1Premios da Crítica Galicia 2015 2Premios da Crítica Galicia 2015 3Premios da Crítica Galicia 2015 4

Xosé Ramón Pena: “A literatura galega nunca viviu allea a Europa”

AnotaciónXosé Ramón Pena de Manuel Bragado en Brétemas:
Xosé Ramón Pena presentou onte o segundo volume da súa Historia da Literatura Galega pronunciando unha conferencia no Club Faro de Vigo sobre «Mitos e realidades arredor da literatura galega». Foi Xosé Luís Méndez Ferrín quen presentou ao autor de Como en Alxeria, cualificando como «o individuo mellor situado para facer unha historia da literatura galega, xa que coñece a lingua, coñece toda a nosa tradición literaria e como novelista que é sabe contar, facer un relato, o máis importante de todas as historias. Pena é un erudito sabio, competente, que sabe narrar capaz de de preparar unha historia ben enfocada e ben contada, que periodiza e analiza, tendo en conta os acontecementos políticos, ofrecendo como outros autores como Anxo Angueira unha nova visión da historia da literatura galega.»
Xosé Ramón Pena nunha lección moi brillante desmontou tres dos mitos construídos de forma prexuízosa arredor da literatura galega: «o de ser unha literatura local, doméstica ou apenas de resistencia», «o carácter de Galicia como país lírico orientado por unha forte sentimentalidade, onde non florece a prosa» e «a falta de continuidade da literatura galega que aparece e desaparece na historia». Para iso analizou tres episodios claves da literatura galega: o período alboral, onde se forxou a lírica e prosa medievais cuxo repertorio é recoñecido polos estudosos europeos; a construción da figura de Rosalía de Castro por parte de Manuel Murguía; e o papel de Manuel Antonio e a incorporación da nosa literatura á vangarda europea.
Pena demostrou a importancia da prosa medieval galega que xa dende o século XIII contou cos relatos da materia de Bretaña pouco despois do texto de Chrétien de Troyes sobre a orixe do Santo Grial, como da materia antiga (con textos como a Historia Troiana e a Crónica Troiana) ou a tradución de partes do Códice calixtino, recollida nesa xoia da nosa prosa do século XIII que é Os miragres de Santiago. A partir da anaálise de tres artigos de Manuel Murguía de 1857, Pena explicou a construción dun novo relato da literatura galega alicerzado sobre a figura de Rosalía de Castro e a falsidade que supoñía afirmar que a literatura galega non tivera continuidade dende o período medieval. «A expresión “Séculos escuros” foi unha creación de Landeira, director de Faro de Vigo, para referirse a un período, do XVI ao XVIII, no que o galego viviu un tempo de decadencia da súa produción textual. Hoxe temos outra visión e contamos con máis textos. Recuperamos a Sarmiento como literato, ao que contribuíron os traballos de Angueira e Ferrín. Hoxe sabemos que durante ese período houbo autores que continuaron na liña da defensa a ultranza do país, denunciaron as aldraxes que padecía e lamentaron o escaso emprego do idioma galego.» Para rematar, Pena analizou as relacións que Manuel Antonio tivo con Jean Epstein, de quen traduciu para o galego en 1922, La poésie d’aujourd’hui, apenas un ano despois de ser publicada, «o que demostra que o rianxeiro estaba conectado coa corrente máis renovadora que unía poesía e cine, como ilusión de movemento». «A literatura galega nuncia viviu allea a Europa, Manuel Antonio coñecía o que estaban facendo os maiores teóricos da literatura de vangarda. Cando deixou de ser unha literatura universal a nosa?»”

Coñécense os finalistas dos Premios da Edición 2014

DesdeAsociación Galega de Editores a Asociación Galega de Editores:
Os Premios da Edición naceron para poñer en valor o traballo do sector editorial galego ao longo dun ano. O que os diferencia do resto dos que se convocan no ámbito do libro é que premian a escolla da editorial, recoñecendo esa outra parte de autoría que aportan os editores cando elixen os libros que van editar. O sistema de votación consiste nunha primeira proposta de candidaturas, tres por editorial e categoría, realizada polas empresas que o desexen, e unha segunda na que os editores votan a dúas candidaturas de cada categoría, agás as propias.
O mércores 28 de xaneiro finalizou a fase de votacións e os libros, autores e proxectos finalistas pasarán agora a un xurado composto por un libreiro, unha bibliotecaria, un xornalista, un escritor e un editor, este último sen vinculación coas as empresas editoriais asociadas.
Xúntase a relación dos finalistas das nove categorías.

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE FICCIÓN 2014
Ícaro, de Federico Delicado, Kalandraka Editora.
A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz. Edicións Xerais.
Salseiros, de Suso Lista. Edicións Embora.
Somnámbulos, de Suso de Toro. Edicións Xerais.
Dende o conflito, de María Reimóndez. Edicións Xerais.

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE POESÍA OU TEATRO NO ANO 2014
Onde nunca é mañá, de Manuel Álvarez Torneiro, Kalandraka Editora.
Anamnese, de Eli Rios. Sotelo Blanco Edicións.
Dun lago escuro, de Marta Dacosta. Edicións Xerais.
Atravesar o fantasma, de Carlos Callón. Edicións Xerais.
Os privilexios dos sonámbulos, de Pablo Bouza. Alvarellos Editora.

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE NON FICCIÓN ANO ANO 2014
O soño galego de Julio Cortázar, de Francisco X. Fernández Naval. Ediciones Linteo.
Galleira Passport. Crónicas viaxeiras do século XXI, de Luís Menéndez. Alvarellos Editora
María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970), de Ana Romero Masiá. Baía Edicións.
Á procura da poesía, de Aurora López e Andrés Pociña. Alvarellos Editora.

PREMIO LOIS TOBÍO Á TRADUCIÓN NO ANO 2014
Cidade de Cristal, de Xavier Queipo. El Patito Editorial
Tratado Lóxico-Filolóxico, de Xoán Fuentes Castro. Toxosoutos.
As floriñas de San Francisco, de Darío Xohán Cabana. Alvarellos Editora.
Ofrenda á tormenta, de Ramón Nicolás. Edicións Xerais.

PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO AO LIBRO ILUSTRADO DO ANO 2014
Erik o construtor de soños, de Dani Padrón. Editorial Bululú.
O soño de Esther, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso. Nova Galicia Edicións.
As floriñas de San Francisco, de Darío Xohán Cabana. Alvarellos Editora.
Ovella descarreirada, de Óscar Villán. Edicións Xerais.
O libro dos bicos, de Nuria Díaz. Edicións Embora.
Leviatán, de Ramón Trigo. Kalandraka Editora.
Feroz o lobo, de Leire Salabarria. OQO Editora.
Elefante comellón, de Marc Taeger. Kalandraka Editora.

PREMIO NEIRA VILAS AO MELLOR LIBRO INFANTIL E XUVENIL DO ANO 2014
Reo, de Xesús Fraga. Editorial Galaxia.
A fuxida, de Berta Davila. Biblos
O soño de Esther, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso. Nova Galicia Edicións.
Miña querida Sherezade, de Andrea Maceiras. Baía Edicións.
A cociñeira do rei, de Soledad Felloza. OQO Editora.
Non hai berce coma o colo, de Magoia Bodea e outros. Kalandraka Editora.
Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. Edicións Xerais.
Ovella descarreirada, de Marilar Aleixandre. Edicións Xerais.
Xique Xoque, Fiu Fiú, María Fumaça. Editorial Galaxia.
Cuca e o abrigo marrón, Patricia Castelao. Edicións Rodeira.

PREMIO XOSEFA IGLESIAS VILARELLE AO MELLOR LIBRO EDUCATIVO DO ANO 2014
– Colección Emocións (9 títulos), de Mireia Canals/Sandra Aguilar. Baía Edicións.
Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena. Edicións Xerais.
Quen falta?, de Arianna Papini. Kalandraka Editora.
Historia das mulleres galegas. Das marchas nómadas á Marcha Mundial das Mulleres. Baía Edicións.

PREMIO ROSALÍA DE CASTRO Á INICIATIVA EDITORIAL DO ANO 2014
– Serie audiovisual Cocorico. OQO Editora.
Lemos, cantamos, gozamos… Semana da música infantil nas Feiras do Libro de Galicia. Editorial Galaxia.
Colección Oeste (Divulgación e ensaio) cumpre 10 anos en 2015. Van publicados 18 volumes. En 2014 reactivouse a publicación con cinco títulos novos. Aposta polo xénero moi pouco comercial mais imprescindible, como é o caso do ensaio e a divulgación. Alvarellos Editora.
– Colección Rescate. Cumpre 10 anos en 2015. Van publicados 19 volumes. En 2014 publicáronse dous: O rescate (con máis de 80 poemas inéditos) do poeta Aurelio Aguirre e a biografía de máis de 700 p. de San Francisco de Emilia Pardo Bazán. Estes dous, en coedición co Consorcio de Santiago. En 2008 levara o premio Irmandade do Libro á Mellor Obra editorial do ano. Alvarellos Editora.
– Proxecto europeo Cociña de Contos. OQO Editora.

PREMIO XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ AO AUTOR/AUTORA OU COLECTIVO DE AUTORES EN LINGUA GALEGA NO 2014
– Begoña Caamaño, María Reimóndez e Xurxo Souto.

Radiocrítica do 22-12-2014, por Armando Requeixo

Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 22 de decembro en Ames Radio (107.2 FM, accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Nazaret López das obras de Álvaro Cunqueiro El año del cometa, Vida y fugas de Fanto Fantini e Flores del año mil y pico de ave (00:50); de Atravesar o fantasma, de Carlos Callón (6:40), da Historia da Literatura Galega II, de Xosé Ramón Pena (11:00) e de Ícaro, de Federico Delicado (16:25).

Pódese escoitar directamente aquí.

Premios Fervenzas Literarias para Os mellores libros do 2014

Desde Fervenzas Literarias:
“Tras pechar o día 15 de xaneiro o prazo de votacións temos, un ano máis, os resultados onde as lectoras e os lectores de Fervenzas Literarias decidiron o que ao seu xuízo foi o mellor do 2014. En total, este ano recibimos 531 enquisas.
Con esta edición, son xa oito as convocatorias onde os lectores amosan a súa voz para reflectir os seus gustos e as súas preferencias literarias.
Desde Fervenzas Literarias queremos agradecer unha vez máis a vosa participación e o voso interese en colaborar para formar estes listados de libros.
Agradecer igualmente á Federación de Librarías de Galicia por colaborar, un ano máis, con este iniciativa.
E agora os resultados… Os nosos parabéns aos premiados e premiadas…

– Mellor libro de Narrativa de adultos para A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz ((Xerais).
– Mellor libro de Poesía para Cronoloxía da urxencia, de Dores Tembrás (Espiral Maior).
– Mellor libro de Ensaio para Historia da Literatura Galega II, de Xosé Ramón Pena (Xerais).
– Mellor libro de Teatro para Lapsus, de Alfonso Pexegueiro (Axóuxere).
– Mellor libro de Banda Deseñada para O bichero, de Luís Davila.
– Mellor libro traducido ao galego para adultos para Jude o escuro, de Thomas Hardy, traducido por María Fe González (Hugin e Munin).
– Mellor libro xuvenil para Reo, de Xesús Fraga (Galaxia).
– Mellor libro infantil para Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas (Xerais).
– Mellor libro traducido ao galego para público infantil e xuvenil para Na cociña de noite, de Maurice Sendak, traducido por Oli (Kalandraka).
– Autor do ano para Agustín Fernández Paz.
– Ilustrador do ano para David Pintor.
– Mellor portada dun libro para adultos para Olympia Ring, 1934 (Galaxia).
– Mellor portada dun libro para público infantil e xuvenil para Escarlatina, a cociñeira defunta, con portada de Víctor Rivas (Xerais).
– Mellor editorial para Galaxia.
– Mellor crítico/a literario/a para Armando Requeixo.
– O mellor acontecido para o Culturgal.
– O peor acontecido para a política lingüística e cultural da Xunta de Galicia.
– Mellor Libraría para Libraría Couceiro.
– Mellor medio de comunicación para Praza.
– Mellor blog para Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.”

Entrevista a Xosé Ramón Pena arredor de Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento

DesdeXosé Ramón Pena o Diario Cultural da Radio Galega:
“O investigador Xosé Ramón Pena analiza o Rexurdimento no segundo volume da Historia da Literatura Galega: Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, publicado por Xerais. A entrevista pódese escoitar aquí.”

Tabela dos Libros de xaneiro 2015, por Armando Requeixo

Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Principia o ano e con el a primeira Tabela dos Libros da xeira. Nela figuran seleccionados os volumes que Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”

2015_xaneiro_tabela

Taboleiro do libro galego XXIX (decembro 2014), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Un mes máis, e un ano máis, velaquí o primeiro “Taboleiro do libro galego” que incorpora aqueles libros de noso máis vendidos, neste caso no pasado mes de decembro, mercé á puntual e xenerosa colaboración dun total de trece librarías galegas como son Trama, Paz, Casa do Libro de Vigo, Suévia, Miranda, Biblos, Andel, Cartabón, Libros para soñar, Pedreira, Couceiro, Aira das Letras e Lila de Lilith. Grazas ás librarías colaboradoras, ás editoriais que fan posible estes libros e, por suposto, ás creadoras e creadores que os conciben e nolos ofrecen.

NARRATIVA
1º-. Ofrenda á tormenta, de Dolores Redondo, Xerais.
2º-. Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, Xerais.
3º-. A esmorga, de Eduardo Blanco Amor, Galaxia.
4º-. Dende o conflito, de María Reimóndez, Xerais.
5º-. Instrucións para tomar café, de Manuel Núñez Singala, Galaxia.
6º-. Conduce rápido, de Diego Ameixeiras, Xerais.
7º-. Hostal Norte, de Xosé Duncan (ilustracións de José María Picón), Urco.

POESÍA
-. Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, do Colectivo Ronseltz, Edicións Positivas.
2º-. Os inocentes, de María do Cebreiro, Galaxia.
3º-. Atravesar o fantasma, de Carlos Callón, Xerais.
4º-. Tempo de exilio, de Joseba Sarrioinaindia, Faktoría K de Libros (tradución de Isaac Xubín).
5º-. Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, A. C. Caldeirón.

ENSAIO-TEATRO
-. Galiza, um povo sentimental?, de Helena Miguélez-Carballeira, Através Editora.
2º-. A cidade dos nenos, de Francesco Tonucci, Kalandraka (tradución de Mónica Baleirón, Sonia Santos e Rut Vázquez).
3º-. Historia da Literatura Galega II, de Xosé Ramón Pena, Xerais.
4º-. Crónicas dun tempo escondido, de Sabino Torres, Galaxia.
5º-. Eu estaba alí, Afonso Eiré, Hércules de Edicións.

XUVENIL
-. Reo, de Xesús Fraga, Galaxia.
-. Ámote, Leo A. Terminal de… chegadas?, de Rosa Aneiros, Xerais.
-. Tes ata as 10, de Francisco Castro, Galaxia.
-. Dragal III, de Elena Gallego, Xerais.
-. Os megatoxos e o dragón de xade, de Anxo Fariña, Xerais.

INFANTIL
-. Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas e ilustracións de Víctor Ribas, Xerais.
-. O soño de Esther, de Miguel Ángel Alonso Diz e ilustracións de Luz Beloso, Nova Galicia Edicións.
-. Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis, de Chema Heras (e ilustracións de Kiko Dasilva), Kalandraka.
-. Antón e o Apalpador, Barafunda Animación.

LIBROS CD-DVD
-. Non hai berce coma o colo, de Paulo Nogueira e Magoia Bodega (ilustracións de Mariona Cabassa), Kalandraka.
2º-. Brinca vai!, de Paco Nogueiras, Kalandraka.
3º-. Xiqui Xoque, fiú fiú!, de Uxía, Editorial Galaxia.
4º-. Gatuxo, de Magín Blanco, Fol Música.
5º-. Cocido sinfónico, de Os tres TENedORES, Galaxia.

BANDA DESEÑADA
1º-. O bichero IV, de Luís Davila, Edición do autor.
2º-. Historias de Icía e Avoa (condensadas), de Sabela Arias Castro, Asociación Cultural Eira Vella de Betanzos.
3º-. Marcopola e a illa remeira 3. Dragoneta!, de Jacobo Fernández Serrano, Xerais.

OUTROS
1º-. Calendario Xerais 2015 (Xerais) e Luzes, nº 12, novembro 2014.
2º-. Cociñando con Benigno Campos, Galaxia.

Tabela dos Libros de decembro, por Armando Requeixo

Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Como todos os primeiros de mes, velaquí está a Tabela dos Libros. Nela figuran seleccionados os volumes que Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.»

2014_decembro_tabela