Arquivos da etiqueta: Museo de Belas Artes da Coruña
A Coruña: presentación de Antón Villar Ponte e as Irmandades da Fala
O acto comezará ás 19:00 horas no Museo de Belas Artes da Coruña e contará coa participación do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; do presidente e do secretario da Asociación da Prensa da Coruña, Manuel González e Cristóbal Atienza, respectivamente; e do xornalista Manuel Rodríguez Rodri García.
A Coruña: proposta Manuel María, na túa voz, o 23 de abril
“O 23 de abril celébrase o “Día Internacional do Libro”. Desde a Fundación Manuel María de Estudos Galegos están a traballar na realización de multitude de actos simultáneos en toda Galiza consistentes na lectura pública da obra de Manuel María.
O evento servirá de homenaxe literaria e popular ao escritor ao que se lle dedica este ano as Letras Galegas, Manuel María, e á súa obra creativa.
Manuel María tivo unha moi importante vinculación coa cidade da Coruña. Xa nos anos cincuenta participa en diversos recitais poéticos na nosa cidade e foi tamén aquí, no Teatro Rosalía de Castro, onde se lle tributou unha grande homenaxe con motivo da súa xubilación no ano 1995. Pouco despois, unha vez que tamén se xubilou Saleta, escollen a nosa cidade para nela vivir até o seu falecemento o oito de setembro de 2004. Neste tempo foi unha personalidade de referencia para toda A Coruña.
Desde a Asociación Cultural Alexandre Bóveda estamos a colaborar coa Fundación Manuel María na organización desta homenaxe na nosa cidade para o día 23 de abril e por iso nos diriximos a ti para pedirche que participes neste evento, ben achegándote a gozar coa obra de Manuel María ou se así o desexas lendo algún texto de Manuel.
O acto comezará ás 12 da mañá no Museo de Belas Artes.
No caso de que queiras ler pregámosche que no lo comuniques neste correo irmandadesdafala@gmail.com e se xa che é posible, que poema ou texto vas ler de cara a intentar que non haxa repeticións.”
A Coruña: presentación de O soño galego de Julio Cortázar, de Francisco X. Fernández Naval e proxección de Cortázar Galicia
A Coruña: concerto-presentación de Zapatiños para Díaz Castro, de 2naFronteira
A Coruña: IV Día Lugrís, o sábado 21 de decembro
O colectivo In Nave Civitas Lugrís, a Asociación Cultural O Mural e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convocan o IV Día Lugrís para lembrar e honrar a memoria de Urbano Lugrís.
O programa (aínda provisional en canto ás horas) é o seguinte:
– 18:00-18:45 h. (No adro do Museo de Belas Artes da Coruña) xuntarémonos para decorar paraugas con motivos mariños e lugrisáns cos que logo percorreremos as rúas coruñesas.
– 19:00-19:45 h. (A recalada do mural) Recepción poética do mural de Urbano Lugrís Vista da Coruñá 1830, que o Museo de Belas Artes exhibirá por vez primeira ao público ese día.
– 20:00-21:00 h. (Manifestación atlántica) Cos paraugas decorados abertos e desde o Museo de Belas Artes da Coruña á praza Sellier (Rúa Real, Obelisco, Cantóns, Rúa Estrela, Rúa Manteleria, Rúa Santo André e Praza Sellier) percorrendo algúns dos lugares da vida do gran artista do mar, visitando os murais que se conservan e o grafiti que fai un ano fixo Outón na rúa Manteleria.
– 21:00-22:00 h. (A habitación do vello mariño) Praza José Sellier: recital artístico na memoria do Noso Señor Lugrís.
Convídase a todas as persoas a participar en calquera ou todos os actos organizados para ese día.
Acudan cos seus paraugas, pinturas, buguinas, vieiras e o espíritu morno e mítico da obra de Urbano Lugrís.
Medre o mar!