O sábado 13 de agosto comeza a Feira do Libro de Viveiro (nos Xardíns de Noriega Varela), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. (14:30 h. no sábado e domingo) e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa, que chegará ao martes 16:
Domingo 14
– 20:00 h. Paco Rivas presenta Entre o abalo e a zaranda: dicionario léxico do mar, publicado por Edicións do Cumio, e A maruxaina e outras sereas, pola Deputación de Lugo, acompañado polos coautores Otero Regal e Pablo Mosquera.
Luns 15
– 19:00 h. Farruco Graña presenta O soño de Xoán, publicado por Embora. No acto estará acompañado por Carlos Nuevo Cal.
– 19:30 h. Alberte Momán asina exemplares de Bosquexos para unha distopía na caseta da Libraría Cartabón.
– 20:00 h. Presentación de A nosa terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931), de Emílio Xosé Ínsua, publicado por Baía Edicións. Participa, xunto ao autor, Belén López.