Arquivos da etiqueta: Pablo Seoane
Compostela: presentación de De baleas, de Eduardo Estévez
O venres 17 de novembro, ás 20:30 horas, en Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela, preséntase De baleas, de Eduardo Estévez, publicado por Caldeirón. Trátase dun traballo composto por un libro de poemas + un cómic + un cd con música de baleas + unha balea de papel. O cómic está debuxado por Tokio, e no cd participan Macarena Montesinos, o dúo Tiberevi, Benxamín Otero, Estevo Creus, Daniel Quaranta, Ariel Ninas, Pablo Seoane e Gabriela Acosta, Mónica de Nut, Mig Seoane, Madamme Cell e Belén Bermejo, acompañada por Andrés Díaz.
Compostela: No lugar do lugar, con Estevo Creus e Pablo Seoane
O venres 6 de marzo, ás 21:30 horas, na Casa das Crechas (Vía Sacra, 3), en Santiago de Compostela, terá lugar un espectáculo-acción de improvisación músico-poética en formato de site specific. Nel conxúgase a palabra, a música e o corpo como elementos en constante diálogo co entorno físico onde se desenvolve, configurándose en evento unitario e único na súa realización. Nunca repetible. Participan Estevo Creus e Pablo Seoane, contando tamén coa intervención das lámpadas de Mauro Trastoy. O prezo é de 3 euros.
Compostela: No lugar do lugar, con Estevo Creus e Pablo Seoane
O venres 19 e o sábado 20 de decembro, ás 20:00 horas os dous días, na Kunsthalle de Compostela (Rúa da Conga, 8), haberá unha sesión músico poética en formato site specific, baixo o nome No lugar do lugar, con Estevo Creus (texto e voz) e Pablo Seoane (piano en directo). O prezo é de 3 euros (con poema/postal de agasallo).