#EuSonRosalía: Patricia Gómez Uzal, Xaquín Herva Gómez e Sabela Herva Gómez

CoEuSonRosalia___(1) cancelo #EuSonRosalía a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega propón celebrar o Día de Rosalía de Castro 2015 convidando os centros escolares, institucións, movemento asociativo, persoeiros da cultura galega e a todos os particulares que se quixeren sumar, a realizaren actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada, e así poder comunicárnolo gravando en vídeo unha frase que comezaría por “Eu son Rosalía porque/cando/para…”
A idea é que os lugares nos que se filme esa breve declaración, de contido libre e persoal, sexan escenarios da vida cotiá, de ser posíbel, especialmente os ámbitos laborais, en conexión con boa parte da poesía rosaliana, vinculada ao traballo e á vida diaria.
Envíanos o teu vídeo ou a ligazón ao mesmo a oficina@aelg.org!

Este é o vídeo de Patricia Gómez Uzal, Xaquín Herva Gómez e Sabela Herva Gómez.

Chantada: presentación de O penalti de Fuco, de Afonso Eiré

O venres 9 de marzo, ás 20:30 horas, no Círculo Recreativo e Cultural (Casino) de Chantada, preséntase a novela O penalti de Fuco, de Afonso Eiré, publicado en Baía Edicións. No acto, xunto ao autor, participan Xosé Manuel Rodríguez Aguiar, Kiko Novoa e Patricia Gómez Uzal.