Arquivos da etiqueta: Pilo Sierra
Santiago: presentación de Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco
O mércores 14 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco, publicado en Laiovento. No acto, no que intervirá xunto á autora Francisco Pillado, haberá unha actuación musical de Pilo Sierra, proxectándose a seguir un capítulo do documental As silenciadas, da autoría de Pablo Ces, que acaba de ser galardoado co premio Memòria i Justícia Universal no III Festival Internacional de Dereitos Humanos de Santa Coloma de Gramenet..
A Coruña: estrea do documental histórico Silenciadas, de Pablo Ces, sobre un traballo de Aurora Marco
O venres 8 de abril, ás 20:30 h., no Domus (Rúa Santa Teresa, 1) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, estréase o documental histórico Silenciadas, froito dun traballo de investigación de Aurora Marco e dirixido por Pablo Ces, con guión de ambos os dous e banda sonora de Pilo Sierra, Xacobe Lamas e Kiko Reimúndez. O acto está organizado pola Concellaría de Igualdade e Participación da cidade, dentro das actividades ao redor do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Este film, dunha hora de duración, destaca pola súa fondura e o estremecemento que producen as súas historias: vidas de numerosas mulleres que andaron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro, pezas fundamentais para a superviviencia daquel e que por defendelo, foron duramente represaliadas: cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio e incluso morte.