Entrevista a Rocío Leira en Radiofusión:
“”Quixen retratar a toxicidade de determinadas familias” afirma a escritora Rocío Leira, autora do libro Veleno en familia, un volume que intenta realizar unha radiografía da sociedade galega actual con dinamismo narrativo e polifonía de voces. Leira recompila fraseoloxía de linguaxe popular. Foi finalista do Primeiro Premio de Novela Vilar Ponte en 2018. Agora ve a luz da man de Baía Edicións. Falamos desta novela no club de lectura de Radio Fene Radiofusión. Tatty Lavandeira, Esther Val, Andrés C. M. Riveira, Pitusa Arias e Henrique Sanfiz conversaron con Rocío Leira.
Un ingreso hospitalario fai saltar polos aires un triángulo familiar no que nada é o que parece. Unha muller trastornada. Unha muller apoucada. Unha muller de armas tomar. Unha trama intrigante na que todas son vítimas e verdugas. O crime perfecto nunha familia imperfecta.
Aquí pode escoitarse a entrevista.”
Arquivos da etiqueta: Pitusa Arias
Luz Darriba gaña o premio no Certame de Relatos sobre a Igualdade
Desde Sermos Galiza:
“A artista Luz Darriba gañou o primeiro premio do Certame de Relatos pola Igualdade, que no mediodía se deu a coñecer no Pazo de San Sadurniño, nun certame no que Pitusa Arias se alzou co segundo premio por un relato “cargado de sensibilidade, que toca os cinco sentidos e que reflicte en pouco máis dun folio a sensación de indefensión dunha nena”, segundo explicaron as integrantes do xurado, que tamén indicaron que “a decisión foi moi axustada pola calidade impresionante dos relatos presentados”.
En categoria xuvenil premiáronse os traballos de Carla Leire e Lorena Freixeiro, mentres que en infantil seleccionáronse os de Educación Primaria do Colexio Monte Caxado das Pontes e o de Iria Cendán, que tamén se entregaron nunha gala na que asemade participou Helena Villar Janeiro presentando un poemario.”
Dúas campañas de crowdfunding (Implicadas e Alexandre Bóveda)
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Chégame información de dúas campañas de crowdfunding que me suscitan interese e das que gustosamente deixo referencia nesta bitácora. A primeira vincúlase coa denominada VIII edición do Implícate! Noite de palabra e música solidaria que organiza Implicadas no desenvolvemento á procura doazóns para custear os carteis e o equipo técnico do devandito festival: unha causa xusta e, evidentemente, solidaria.
Outra campaña é a que promove Radiofusión e ten que ver coa difusión do pensamento de Alexandre Bóveda, aos cento dez anos do seu nacemento que se celebrarán no vindeiro 2013. O proxecto persegue a publicación dun volume arredor de Bóveda, optando pola fórmula de banda deseñada, con debuxos de Carlos Sardiña e texto de Pitusa Arias. Premendo aquí pode obterse máis información sobre a campaña (reproduzo abaixo un audiviosual no que a autora e o ilustrador explican as súas intencións).”